INSISTIMOS: EN GALEGO, POR QUE NON?

Imos rematar a lectura do libro de Núñez Singala e as actividades de sociolingüística deste curso para combater os prexuízos sobre a nosa lingua cun triptico (tres lecturas acompañadas ou complementadas):

Capítulo 7: Porque é unha lingua minoritaria (un vídeo).
Capítulo 8: Porque non o fala ninguén (un xogo).
Capítulo 9: Porque non (unha tremenda historia por resolver).


Actividades a realizar, responder e enviar ao correo da materia tras da lectura:


1- En que lugar da estrada das linguas colocarías ao galego?
2- O coñecemento doutras linguas debe levarnos a abandonar a nosa lingua? Por que ? Arguenta ben a resposta.
3- Falar español e chinés permitiríanos falar con cincocentos millóns de persoas, por que esta posibilidade é realmente imposible? Por que ten tan pouco valor a cantidade á hora de falar dunha lingua?

CAP 8. 4-O xogo dos cen falantes (para poder ver este xogo debes ter a aplicación Adobe Flasch Player trátase do segundo xogo que aparece na páxina que se abre, o primeiro tanpouco está nada mal e fai referencia ao cuarto dos capítulos do libro). En que consiste este xogo? Atreveríaste a comezar a xogalo? Que cres que pasaría ao facer uso deste xogo?

CAP 9- 5- Unha tremenda historia por resolver... sabemos por que e como temos que defender a nosa lingua de centos de anos de discriminación e prexuízos? Razoa a resposta a modo de conclusion tras da lectura.

Epílogo
Rematamos co libro, se non fose polo confinamento teríamos a oportunidade de coñecer e e compartir co autor a lectura do mesmo. Como non podemos estar co autor e como complemento virtual ímolo coñecer escoitando un último consello nesta batalla contra os prexuízos lingüísticos:


Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN