RECUPERACIÓN DA MATERIA. xuño 2020

A causa do confinamento, como xa se vos comunicou, os alumnos/as puideron ir recuperando a materia pendente de Lingua e Literatura Galega a través da realización de actividades de diversa índole remitidas polo profesor semanalmente e devoltas  a través do correo electrónico da materia. Para aqueles que amosaron problemas telemáticos (que son casos puntuais),  o centro habilitou neste período un sistema de entrega de traballos semanal para poder recibir e remitir o material pertinente. Os alumnos/as que non optaron por esta fórmula saben que deberán realizar unha proba telemática oral co profesor :
 3º da ESO A o próximo 3 de xuño a partir das 12 horas.
 3º da ESO B o día 4 de xuño a partir das 9,30 horas.

Dita proba dependendo da avaliación pendentes versará sobre os seguintes contidos dados presencialmente agás unha pregunta que se corresponderá á 3ª avaliación:
  1ª avaliación
  2ª avaliación

A seguir indicamos os contidos básicos destas dúas avaliacións:

1-       GRAMÁTICA: Tipos de palabras (anexo do 1º (páx.94-103) e 2º trimestre: 190-191), colocación de pronomes átonos e conxugación de verbos (na libreta ou no blog) .

2-       LITERATURA:  Períodos da literatura galega. Lírica MEDIEVAL (no blog e no libro páx. 26, 27 e 28/ 46, 47 e 48/ 66, 67 e 68/ 86,87 e 88.   

3-       LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA: O contador de estrelas de Jaureguízar (Proba de comprensión lectora no caso de tela pendente).


4-       COMENTARIO E EXPRESIÓN: Textos medievais e/ou de diversa índole (monográfico do libro páx. 196-197 e no blog).

  3ª avaliación

Contidos traballados nesta peculiar 3ª avaliación:

- SOCIOLINGÜÍSTICA,   LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA Rematamos a lectura: En galego por que non? de M Núñez Singala. cap- 4. cap.5. cap.6, cap. 7-8-9

-LITERATURA:  DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO.
- SARMIENTO
- ROSALÍA
- PONDAL

- LETRAS GALEGAS 2020

-  GRAMÄTICA:  Exercicios prácticos sobre:  A colocación pronomes átonos (repaso 2ª avaliación no blog). Verbos irregulares (ver páx. do anexo ao tomo do terceiro trimestre). Adverbios, preposicións e conxuncións (anexo do 3º trimestre).  Exercicios prácticos.


-  COMENTARIO E EXPRESIÓN: Recursos literarios (páx. 288-289) e monográficos sobre o comentario do libro páx. 196-197? no 2º trimestre, páx. 292-293 do 3º trimestre e no blog)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN