INTRODUCIÓN Á LÍRICA MEDIEVAL
DO TRADICIONAL E TROBADORESCO
O tradicional e o trobadoresco na lírica
medieval galego-portuguesa
En Galicia, o reino medieval máis vello de
Europa, temos moitos indicios da existencia dende vello dunha tradición oral
popular que crearía cantigas entre elas un tipo de canción feminina de temática
amorosa, interpretada polas mesmas mulleres, tradición que, en boa medida,
persistiu ata os nosos días a través das cantadeiras.
Mais a literatura culta escrita en galego-portugués non comezará ata o século XIII coa chegada da moda do Lirismo Provenzal grazas ao Camiño de Santiago que trouxo a Compostela en peregrinación cos nobres occitanos acompañados de trobadores e con eles as ideas do amor cortés ou trobadorismo e os seus gustos poéticos.
Deste encontro entre a canción feminina tradicional e a lírica trobadoresca da Provenza comezan a escribirse as nosas cantigas en galego-portugués por autores galegos que tomando como modelos a lírica tradicional oral autóctona e o trobadorismo crearán os xéneros que hoxe coñecemos das cantigas de amigo, as de amor e as de escarnio e maldicir. Este vai ser neste curso un dos obxectivos principais de estudo.
Deberemos
distinguir nas nosas cantigas elementos tradicionais, ou autóctonos, dos
trobadorescos, ou provenzais.
O Tradicional ou autóctono:
Elementos preexistentes propios xa das
cantigas anteriores á chegada da influencia trobadoresca e que logo permanecen
nas cantigas de amigo sobre todo:
- Canta unha muller
- Espazos naturais abertos (mar, romarías,
fontes,...)
- Simbolismo erótico da natureza (flores,
auga, arboreda...)
- Ausencia do namorado (amigo)
- Elementos formais de repetición (refrán ,
leixaprén)
A chegada e influencia do lirismo Provenzal e a moda do
“amor cortés”:
A teoría do amor cortés chegada a Compostela dende Occitania e Provenza (terras que hoxe son Francia) supón unha concepción platónica do amor que naceu no século XI cos seguintes trazos:
-Total submisión do namorado á dama (de aí que
se lle chame “senhor” á namorada).
- A amada sempre está distante e é admirada
pola súa perfección física e moral (velida e fremosa)
- A distancia da namorada provoca a coita/
cuita de amor (a queixa, a dor do namorado).
- Os namorados nobres para poderen comunicarse
pasan por varias etapas, dada a inaccesibilidade da namorada (frecuentemente é
un amor adúltero). A primeira é de suspirante (fenhedor na que non ten contacto
coa namorada, pero a desexa ver) unha segunda suplicante (precador) naque o
contacto existe, pode falar con ela para expoñer o seu amor e unha terceira e
que case nunca se dá na lírica galego-portuguesa a de entendedor e drut que son
etapas de éxito nos que a namorada corresponde ao amor.
AUTORÍA DAS CANTIGAS
Aínda hoxe, a corrente maioritaria dos estudos
de Literatura Medieval consideran que as cantigas de amigo eran obra de
trobadores homes que adoptaban nestes temas papeis femininos. No entanto, hai
correntes que apostan por considerar que os personaxes aos que se lles atribúe
a autoría destas cancións unicamente as terían interpretado e non serían os
seus autores.
Ria Lemaire, especialista na relación entre
literatura oral e escrita defende que “Os trobadores non crearon as cantigas de
amigo galego-portuguesas, só foron os seus transmisores. Na realidade, estas
composicións foron un labor colectivo de mulleres no campo da literatura oral”.
Segundo as súas ideas, estes textos fundacionais das nosas letras farían parte
do noso patrimonio inmaterial.
Ampliemos información sobre a autoría das
cantigas de amigo: Sabías que estas cantigas poderían ser de autoría feminina?
Normalmente as mulleres humildes non sabían escribir, logo quen as escribía
podía asinar logo esa cantiga. De todos os xeitos coñécese un par de documentos
nos que se citan a xograsesas Marina (Mosteiro de Caveiro) e Tereia noutro
texto de Portugal.
1- Investiga sobre o Pergamiño Vindel:
Que é o pergamiño Videl?
Como se descubriu?
Por que é tan importante?
2- Ler no libro páx. 42-45

Comentarios
Publicar un comentario