AS CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR
AS CANTIGAS SATíRICAS
TRABALLANDO CUESTIÓNS CLAVES: ESCARNEO OU MALDIZER?
A "Arte de Trovar" que se conserva no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa é un tratado de poesía medieval moi interesante. Este cancioneiro, descuberto no século XIX en Italia e que mercou o Estado Portugués, é o máis completo dos tres cancioneiros que conservamos (1600 cantigas dos distintos tipos). Presenta un tratado de poética ( Arte de Trovar) que estuda eses diversos tipos de composicións e os trazos formais que as caracterizan.
Das cantigas de escanio e maldicir esta Arte de Trovar da época di:
"Cantigas d´escarneo son aquelas que os trobadores fan querendo dizer mal dalguén nelas, e dizen-lho per palavras cubertas (que teñen dúas interpretacións)... e estas palabras chaman os clérigos equivocatio. E estas cantigas pódense fazer ben de refrán ou mestría (sen refrán).
Cantigas de maldizer son
aquelas que fan os trobadores descubertamente. Nelas entran palabras que queren
dizer mal e non aver outro entendimento senon aquel que queren dizer
abertamente."
Escoita a seguinte
cantiga dedicada a María Pérez a Balteira, unha soldadeira de Betanzos e localiza nela a equivocatio: Cantiga de João Vasques de Talaveira
O que veer quiser, ai cavaleiro,
Maria Pérez, leve algum dinheiro,
senom nom poderá i adubar prol.
(senón non conseguirá nada)
Quen'a veer quiser ao serão,
Maria Pérez, lev'alg'em sa mão,
senom nom poderá i adubar prol.
Tod'home que a ir queira veer suso,*
Maria Pérez, lev'algo de juso,**
senom nom
poderá i adubar prol.
*suso (enriba, suponse
dun escenario danzando)
** juso (debaixo, suponse
no bolso...)
Que tipo de cantiga será:
de escarnio ou de maldicir? Por que?
Comentarios
Publicar un comentario