AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA:


Na lírica galaico-portuguesa medieval atopamos un xénero, o das Cantigas de Santa María que tivo unha curiosa xénese: o empeño do rei Afonso X, o Sabio, por marcar as diferenzas co poder da Compostela daquela época.  Hai pois un interese político para evitar a hexemonía na Igrexa compostelá.   Para minguar a figura de Santiago escolle á Virxe como centro de interese, realiza un primeiro libro coas súas composicións que será a base dun códice posterior, que contén 427 cantigas das que unha parte son obra do propio rei.  Afonso X  curiosamente pasara grandes tempadas na súa infancia en Galicia e fora criado en galego, pero reinará en Toledo, onde nacera e quixo facer desta capital un dos centros culturais máis emblemáticos da Península e de Europa desexando a coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico  sen éxito.

Autoría

Este traballo mandouno realizar a  un scriptorium de autores e escribas en Toledo. O Códice resultante será unha das xoias das creacións da bibliografía medieval polos seus dibuxos e ilustracións e luxosa feitura, pola música coa súa notacións que introduce,  algo que engade un valor extraordinario ás propias composicións. Parece ser que as composicións feitas polo rei poden ser as que non teñen unha localización precisa e ademais aparece un eu moi marcado, é dicir , unha primeira persoa que di ser o autor da cantiga. As restantes adoitan usar fórmulas de "mandei facer"


Tipos de Cantigas de Santa María.

As de loor (cantigas líricas de gabanza das virtudes Virxe). Están situadas no Códice cos números I, X, XX, XXX... a cada dez composicións. Teñen una proximidade coa estética do amor cortés onde a senhor e a amada é a Virxe, unha deriva relixiosa. Relacionadas algunhas co ciclo litúrxico ( mes de maio, mes de María).


As cantigas dos milagres (cantigas narrativas) Contan un milagre atribuído á Virxe e responden a unha estrutura moi determinada. Un título, un refrán que se repite a modo de estribillo  despois de cada estrofa da composición como unha idea central da mesma.

- 13 -
Esta é como Santa Maria guardou o ladron
que non morresse na forca, porque a saudava.


Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

E porend' un gran miragre vos direi desta razón,
que feze Santa Maria, dun mui malfeitor ladron
que Elbo por nom' avia; mas sempr' en ssa oraçon
a ela s' acomendava, e aquello lle prestou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Onde ll' avo un día que foi un furto fazer,
e o meiryo da terra ouve-o log' a prender,
e tan toste sen tardada fez-lo na forca põer;
mas a Virgen, de Deus Madre, log' enton del se nenbrou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

E u pendurad' estava no forca por ss' afogar,
a Virgen Santa Maria non vos quis enton tardar,
ante chegou muit' aga e foil-ll' as mãos parar
so os pees e alçó-o |assi que non ss' afogou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Assi esteve tres dias o ladron que non morreu;
mais lo meiro passava per y e mentes meteu
com' era viv', e un ome seu logo lle corregeu
o laço per que morresse, mas a Virgen o guardou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

U cuidavan que mort' era, o ladron lles diss' assi:
«Quero-vos dizer, amigos ora por que non morri:
guardou-me Santa Maria, e aque-vo-la aqui
que me nas sas mãos sofre que m' o laço non matou.»

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Quand' est' oyu o meiro, deu aa Virgen loor
Santa Maria, e logo foi decer por seu amor
Elbo, o ladron, da forca, que depois por servidor
dela foi senpr' en sa vida, ca en orden log' entrou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou

un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.



 Que tipo de composición cres que son as seguintes?


Cantiga CIII

 Outras composicións de Afonso X
Debes saber que o propio rei compuxo tamén 44 cantigas non relixiosas (cantigas case todas de escarnio e maldicir, tres cantigas de amor e unha de amigo, ademais da titulada Non me posso pagar tanto. que non responde a un xénero determinado.

 Fermosísima versión da  Cantiga nº 100



Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN