COMO NACE UNHA LINGUA

 


Unha comunidade que vive nun territorio concreto ao longo dun tempo en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares do home coa natureza. 

Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioríade idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter a forma de pensar, un patrimonio que nos fai humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen as voces que esa lingua lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais, de comprensión e interpretación do mundo, sen a súa fala, non serían ninguén. 

O galego é pois un exercicio de liberdade porque nos permite saber quen somos. Sempre somos no presente porque fomos un antes, porque houbo un pasado que nos deu sentido e tamén deunos paso á vida na terra que pisamos e recoñecemos como nosa. Un exercicio de liberdade, un dereito que se renova cada xeración, pero tamén un compromiso de lealdade e responsabilidade, un deber con aqueles que nos ofreceron este xeito de seren orixinais, auténticos e diversos no universo enriquecendo coa nosa lingua a variedade de idiomas que define ao ser humano. 



1-COMO NACE UNHA LINGUA? É UN PROCESO SINXELO? QUE ACTORES ESENCIAIS INTERVEÑEN NESTE PROCESO?

Así o imaxina Fina Casalderrey: 


2-EN QUE MOMENTO E COMO CRES QUE SERÍA A ADOLESCENCIA DO GALEGO? Redacta un pequeno texto en primeira persoa comentando algúns aspectos que describan estas circunstancias.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 1ª Avaliación

CONTIDOS DA 2ª Avaliación

PROBA DE RECUPERACIÓN DE XUÑO