UNIDADE 0/ PANORAMA DA HISTORIA DA LINGUA (II): O nacemento, esplendor medieval e decadencia.

 

IV-          Nace o galego e as peregrinacións a Compostela: Entre o VIII e o IX o idioma que fala este reino de Gallaecia diferénciase claramente do que se fala noutros puntos da península, xa non é latín. Polo sur da península os musulmáns fanse fortes, pero van ter escasa presencia no norte. Descóbrese o sepulcro de Santiago en Compostela. Aínda que se fala o galego o primeiro documento escrito non aparece ata moito máis tarde, o ano 1228.

V-       O esplendor medieval da nosa literatura: Nos séculos XII-XIII o uso do galego xeneralízase mesmo na escrita e será entón cando aparecen as primeiras expresións literarias en forma de cantigas. O desenvolvemento da arte románica tamén será, en certa medida, unha consecuencia dos intercambios culturais do Camiño de Santiago. A lírica galaico-portuguesa será o referente literario de poetas de toda a península e unha das máis importantes de Europa. Ao longo destes séculos, a pesares da independencia de Portugal no 1128, existía unha mesma lingua ao norte e ao sur do Miño.

VI-         Decadencia do XIV-XV e os Séculos Escuros XVI-XVIII : A desaparición dunha nobreza galega que promocione a literatura en galego, ao ser substituída por outra de orixe castelá, provocou un proceso de decadencia que non só fai desaparecer o reino de Galicia, senón tamén a súa literatura culta. Son os séculos nos que a lingua galega tras da caída da nobreza perde todo cultivo escrito, pero permanecerá viva entre as xentes humildes, unha poboación iletrada que manterá a fala e unha rica literatura de tradición oral, verdadeira sustentadora da nosa cultura ata ben entrado o século XIX.


Apuntamento complementario:

Unha raíña de Galicia. Urraca.

Co nome de Urraca atopamos a varios personaxes, unha destas tres ou catro Urracas, será a primeira  raíña galega documentada.  Sirva tamén esta indagación para achegarmos á Idade Media a adolescencia do galego-portugués que non tardará en gozar dun esplendor maxistral. Imos coas Urracas:

 

a) Urraca de Zamora, filla primoxénita de Fernando I de León, señora de Zamora (ca. 1033 – 1101).

b) Urraca I, esposa de Raimundo de Borgoña e máis tarde de Afonso I de Aragón, e filla de Afonso VI (1082 - 1129).

c) Urraca de Portugal, esposa de Fernando II de León e filla de Afonso I de Portugal (1151 - 1188).

d) Urraca Afonso a Asturiana (Soto, Aller, Asturias, 11331​-Palencia, c. 1179), filla ilexítima de rei Alfonso VII de León, raína consorte de Pamplona polo seu matrimonio co rei García Ramírez.

 

Para aclarar o lío imos na procura da información precisa no seguinte vídeo:


ACTIVIDADES:

1- Cal  das tres  Urracas é a considerada por moitos a primeira raíña de Europa?

2- Que estaba pasando coa lingua no tempo no que reinaba Urraca?

 Para responder a esta pregunta imos lembrar o seguinte esquema da historia da Lingua e Literatura galegas que estudamos o curso pasado:




Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación:

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

Os xéneros menores e o comentario das pastorelas