O 1º ESPERTAR CULTURAL DA GALLAECIA MEDIEVAL: DE PRISCILIANO AO NACEMENTO DO GALEGO
Esta panorámica convén tela presente para saber en todo momento sobre que etapa estamos traballando e cal é a súa situación con respecto as restantes na historia da lingua galega culta:
Precisamente por este motivo van chegar a este territorio neste período os Suevos, pobo de orixe xermánica, que unha vez instalados no 409 no territorio Noroeste da Península Ibérica, lograrán establecer baixo o seu poder o 1º reino medieval de Europa, independente do poder romano entre os anos 410 – 411 que van coincidir en boa medida co dito esplendor cultural que se concretará en toda unha serie de persoeiros moi destacados no eido da cultura. Dáse a casualidade de que tal número de escritores e de personaxes destacados de orixe galaica non se deu neste período en ningún outro lugar do antigo Imperio Romano.Quen era Prisciliano? Un bispo galaico cuxas crenzas cristiás asumían trazos ou crenzas abteriores disque da época preromana de culto á natureza, as pedras , ás augas...polo que se vai considerar herexe pola igrexa oficial e polo que foi axusticiado no ano 386. O seu corpo foi soterrado nalgún lugar da Gallaecia e hai quen pensa que podería ser o que está na catedral de Santiago, en lugar do paóstolo de Cristo, dado que foi obxecto de peregrinación antes de que logo no século IX comezase a xa coñecida peregrinación xacobea a Compostela.
Exeria, a primeira escritora galega que coñecemos, aínda que escribía en latín. Do século IV muller nobre que realiza unha viaxe a Xerusalén e escribe un libro relatando esta viaxe.
O reino Suevo, o primeiro reino medieval era arriano ou versión cristiá do arianismo. Unha diferenza de crenza na que non se creía na existencia permanente da figura de Cristo.
Orosio historiador galaico que ve positiva a chegada dos Suevos á Gallaecia, na súa Historia do mundo que ía ter gran influencia no mundo filosófico do século V e pola contra o Cronicón de Hidacio, ofrece outra visión máis pesimista e negativa da mesma. Son dúas visións dun mesmo feito, as dúas caras dunha moeda.
Martiño Dumio, bispo natural de Panonia que vén a Braga para combater o Priscilianismo sendo a man dereita dos reis suevos e asegurando o seu paso do arianismo ao catolicismo.
• Fructuoso foi o promotor do monacato, el mesmo
creou varios mosterios pola Gallecia que consolida xa en época dos godos o
cristianismo católico. Está especialmente vencellado como bispo a Braga.
• Valerio do Bierzo, seguidor de Fructuoso de quen
escribe unha biografia asentado no lugar de nacemento de Fructuoso, na comarca
do Bierzo.
Coincidindo coa presión árabe polo sur da Península a
partirdo século VIII emerxe na Gallaecia unha descuberta singular e
especialmente simbólico para os reinos cristiáns do Norte peninsular: O sepulcro
de Santiago. Nacen así as peregrinacións a Compostela e a protección dun Camiño
dende o corazón de Europa que promocionan e serán estes reinos europeos os que
contribúan á súa consolidación e defensa creando unha fronteira de seguridade
de paso para evitar a expansión musulmá cara o norte.
Outra
impronta innegable que vai ir configurando o mundo das lendas está relacionada
coa aparición do Cristianismo e as propias peculiaridades que presenta o
proceso de cristianización do Noroeste peninsular. No inicio do asentamento do
Cristianismo prodúcese a controversia de
Prisciliano (especialmente nos séculos IV-VI) e a posterior Inventio do
Sepulcro de Santiago (xa no século VIII) que será a razón da creción dunha
colección de Milagres do Apóstolo que acaban recompilándose no Códex Calixtinus
do século XII e veremos como finalmente pasen á prosa medieval en
galego-portugués.



Comentarios
Publicar un comentario