Tanxugueiras e a lírica medieval.

Comezamos o ano 2022 cunha actividade de creación sobre a que tamén poder debater. Ten algo que ver o grupo de pandereteiras que se posicionan como candidatas para o Festival de Eurovisión, representando ao Estado Español co fenómeno da Lírica medieval galaico-portuguesa?.

A resposta a esta pregunta será logo o tema co que iniciamos o curso tras das vacacións de Nadal, repasando o que xa sabemos da Lírica medieval e unha cuestión de plena actualidade. O primeiro punto para esta avalición podes gañalo procurando logo unha exposición ben estruturada que responda a esta pregunta. 

Para saber  máis sobre o grupo podedes consultar nas redes  na súa páxina oficial quen son e que fan Tanxugueiras  e outras moitas que podes atopar: 

No Alalá 218

No Luar da TVG

Malquerencia video clip directo

Contrapunto

Vídeo da actuación na semifinal:



Na mentres esta exposición non chega imos seguir avanzando no noso coñecemento da lírica medieval. Tócanos abordar:

 Os denominados xéneros menores 

As Cantigas de Santa María 

  E chegou a copia lonxe das nosas fronteiras... como na Idade Media a Lírica galega tradicional viaxa ata o centro de Europa na estética e xorden imitacións:



Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN