PARA DESPOIS DAS VACACIÓNS... Toponimia, lectura e comentarios

 


 Nos próximos días abordaremos:

Toponimia de Marín: Localizamos nun mapa 10 ou máis microtopónimos próximos ao lugar onde vivimos. Podes usar o enlace no blog específico.

Rematamos coa lectura de Made in Galiza para despois das vacacións realizaremos unha proba de lectura con estes textos como protagonistas:

CURTAMETRAXE

 NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS

 UNHA PALABRA COMÚN

O LADRóN DE PALABRAS

MADRITH

O PAÍS QUE FALABA

LABORATORIOS SOCIAIS DE SOCIOLINGÜÍSTICA

ÁS VECES SINTO QUE NO MEU PAÍS FALTAN PALABRAS

EU NUNCA SEREI YO

PARACAÍDAS


COMENTARIO DE TEXTOS :

QUE É UN COMENTARIO DE TEXTO LITERARIO?

 

Un comentario dun texto literario é unha interpretación que se fai sobre unha obra en prosa ou en verso dun autor/a. Esa interpretación parte do tema ou idea central que, o que comenta, argumenta tras da lectura do mesmo seguindo unha análise das distintas características ou trazos que presenta ese texto.

 

ESQUEMA PARA A REALIZACIÓN DUN COMENTARIO

Para facer un comentario de texto debemos ir seguindo os seguintes pasos:

LECTURA E COMPRENSIÓN (consulta do léxico)

LOCALIZACIÓN: No caso de coñecer o nome do autor/a, realizamos o que se denomina unha localización do texto asociándoo a un autor/a e a un libro e/ou etapa creativa do mesmo. Ademais adoitase incorporar unha breve descrición do contexto literarario e histórico no que se sitúa a obra.

INTERPRETACIÓN: É o núcleo do comentario. Para desenvolver con éxito esta parte máis complexa  é aconsellable seguir esta orde:

a) Asunto ou resumo, tema central e punto de vista (lírico ou narrativo). A concreción do tema resulta esencial, unha frase de poucas palabras (cinco ou seis como máximo) como síntese do texto a comentar. Non é un título, é a idea central sobre a que teremos que construír o comentario, é dicir, argumentar que esta idea funciona como a columna vertebral do texto.

b) Estrutura: Son as partes, relacións e elementos que conforman o texto. (Na narrativa: personaxes, espazo, tempo e discurso)

c) Linguaxe: Unha análise por niveis: O semántico: para establecer o ton do contido léxico do texto, o morfosintáctico para determinar o ritmo atendendo á forma e, no caso de ser poesía, o fónico comentando a musicalidade da composición (rima e outros recursos de índole sonora).

VALORACIÓN: Unha conclusión, reunindo todos os argumentos de distintos ninveis que confirman o acerto do tema escollido para definir o texto.

Tomemos un exemplo como modelo: NIN EN SOÑOS VOU PERDER A LINGUA

LOCALIZACIÓN: Made in Galiza,  de Séchu Sende (2007) Estamos no contexto literario da Literatura Galega actual nun proceso creativo que se achega aos centros de ensino na procura de novos lectores.

INTERPRETACIÓN

Resumo ou asunto: Unha meniña está preocupada pola desaparición da súa lingua (órgano da boca). Pregúntalle á nai que pode facer para evitalo, aínda que ela mesma e a súa nai confúndena co seu idioma. Segue o consello da nai pois non entende como pode desaparecer algo tan importante que ela de ningunha maneira quere perder.

TEMA:  O incomprensible problema de perder a lingua de meu

Narrador/a (Punto de vista): Eu protagonista

Personaxes: Nena (principal) nai, carniceiro…veciños… (secundarios)

Espazos: Da vida cotiá: Rúa, bus, tenda, casa

Tempos: Un día calquera (duración-interno)

                     Actualidade (época -externo) 

Tipo de texto e modos de discurso: Prosa narración, algún diálogo en estilo directo e indirecto. 


ANÁLISE DE CONTIDO (TON)

Recursos de contido léxico:

Silepse (dobre sentido) – xogo de palabras- confusión

Metonimia:  lingua que produce a lingua

Personificación da lingua/  Hipérbole… comparacións….

Inocencia/ debilidade e fortaleza: onomatopeas, coloquialismos…para determinar o carácter da protagonista.

Antítese ou contraposición central entre mundo infantil e mundo adulto.

Para que serven estes recursos?: 

Facer crible a confusión da que se parte e para resaltar o problema da lingua.

Para subliñar a incomprensión da protagonista e a reacción radical final da meniña. Ironía?.... Parece incríbel!

TON: Reflexivo, crítico-irónico e reivindicativo


ANÁLISE DA FORMA (RITMO)

Recursos formais relacionados sintaxe e morfoloxía do texto: Coa presenza ou ausencia de repetición: Neste caso repeticións constantes.  

Gradación ou intensificación que se logran tamén pola abundancia e insistencia das interrogacións e onomatopeas qu efuncionan como creadoras do dinamismo interno do texto.

RITMO: Lento (abundan repeticións) crea maior tensión no final e axuda a caracterizar á personaxe, ademais de centrar e incidir na idea central apoiada tamén na confusión inicial que vai cobrando forza a medida que vai achegándose ao final sen resolverse (aberto) 


CONCLUSIÓN OU VALORACIÓN

Reunir argumentos dos distintos niveis propios do texto:

 Infantil incomprensión do problema da perda da lingua para forza  ao lector á reflexión e a asumir a finalmente reivindicación da existencia dun problema real máis aló das palabras da meniña. Baséase na confusión inicialmente “ inocente” e na contraposición permanente dunha lectura “adulta” .

Rematar conectando o texto coa produción do autor ( MADE IN GALIZA) e o contexto socio cultural do Galego en proceso de Normalización.

Outro comentario: A MULLER QUE VIVÍA NO FUTURO

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN