AS CANTIGAS SATÍRICAS: Diferenza entre Cantiga de Escarnio e Maidicir.

 As Cantigas Satíricas son un grupo de cantigas que teñen como obxectivo a crítica ou a burla. Na Arte de Trobar diferenza entre cantigas de escarnio e as de maldicir.

Había unha cantiga provenzal chamada sirventés que tiña intención moralizante e que foi imitada como por exemplo nesta Cantiga de Airas Núnes sobre a procura da verdade no mundo:

É habitual unha crítica política, por exemplo contra a covardía  da nobreza cristiá na guerra de Granada:




O que da guerra levou cavaleiros

Pero o número maior de cantigas que se conservan son as denominadas sátiras sociais e de costumes, nas que se critica a persoas ou colectivos, vicios, comportamentos e defectos físicos destacando a nobreza, o clero e as mulleres.

Cantigas de escarnio son as que realizan crítica indirecta usando dobres sentidos e equívocos (non acostuma a introducir un nome propio). Vexamos un exemplo:

Pola contra as que se consideran cantigas de maldicir son críticas directas polo que acostuman a introduir un nome concreto e usan unha linguaxe máis vulgar e denigrante, sen dobres sentidos.

A un frade dizen escarallado

Don Bernaldo, pois tragedes

Ollo! Hai exemplos de cantigas de escarnio con dobres sentidos, pero nomes propios como algunhas dedicadas a Maria Balteira, logo a cuestión da aparición dos nomes propios como característica dun dos tipos de cantigas non parece definitorio. Vexamos o exemplo e saibamos de paso quen era María Balteira. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN