As raíces da nosa lingua: Substrato e superestrato


Toda lingua nace da interacción da Natureza e unha comunidade humana asentada nunha terra, (de aí a importancia do lugar). Saber que unha lingua leva nas súas costas unha longa historia e que as súas raíces se afunden séculos e séculos atrás é de vital importancia para valorar o proceso creador do que somos portadores e o que suporía a súa desaparición.

Fíxate nos conceptos de:
- ESTRATO: Latín, a lingua base denominada habitualmente nai do galego.
- SUBSTRATO: A pegada no galego das linguas previas á chegada do latín.
- SUPERESTRATO: A pegada no galego das linguas posteriores ao asentamento do latín, pero previas ao nacemento do galego.

Debemos tamén coñecer os distintos tipos de Substratos e Superestratos e as datas das que estamos falando.

Por último, indagar un par de palabras de cada un distintos substratos e tamén dos superestratos citados.

Lembra as etapas da historia da lingua galega que estudamos o curso pasado como unha panorámica e que este curso repasamos de novo no tema 1 do libro e iremos detallando ao longo do curso ata chegar ao século XIX..

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN