NO BICO UN CANTAR OU DE CANDO ROSALÍA DEIXOU DE PUBLICAR EN GALEGO


 Imos rematar como comezamos o curso dándolle unha revisión crítica a Rosalía., imos fixarnos na persecución de Rosalía no seu tempo. Seguramente de viviren máis tempo Rosalía tería volto a publicar en galego, pero a cousa é  sabermos por que deixou de facelo en vida?

Ímolo descubrir da man dun autor coetáneo, Curros Enriquez, e dunha autora dos nosos días, Mª Xosé Queizán:

Dedicado a Rosalía, tras da súa morte,  o poeta Curros Enríquez escribiu este impresionante poema:

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez

Neste poema Curros debuxa unha Rosalía ben distinta da que se empeñaba en mitificar Murguía, o home da autora. Pero Rosalía, despois de que o seu marido a animara a escribir, marcou dalgún xeito o camiño que ela quixo, un camiño propio como escritora independente, libre e non seguiu o celtismo que outros amigos de Murguía e dela, poetas tamén, como Pondal, escolleron.

 María Xosé Queizán, unha escritora dos nosos días, nun ensaio sobre Rosalia, di que  como muller  e escritora ela reflicte na súa obra unha denuncia social das afrontas contra as mulleres e contra ela mesma. Así a súa obra na época na que vivía, onde outras mulleres escritoras mesmo agochaban o sseus nomes para publicar, viuse involucrada en polémicas. Unha posición controvertida  que mantén ata que en 1881 Rosalía comeza a publicar unha serie de artigos nun períodico baixo a epígrafe de "Costumbres Gallegas" . O 4 de abril dese ano comentou un costume hospitalario na costa galega que consistía en agasallar ao visitante, que tal vez levase moito tempo no mar,  cedéndolle á muller ou á filla da casa para compartir o leito. Este episodio destatou críticas agres... E Rosalía presionada polo seu home para que escribise máis poesía en galego, respóndelle nunha carta:

" mi resolución de no volver a coger la pluma para nada  que pertenezca a este país, ni menos escribir en gallego... No quiero escandalizar a mis paisanos."

Rosalía pola súa obra trasngresora, como pola súa actitude vital e o seu forte carácter está lonxe de se acomodar e a esa visión que se quería dar dela coa que logo da súa morte, catro anos despois deste asunto, se mitificou e mistificou (di María Xosé Queizán). 

Ata os nosos tempos o único que dá unha visión distinta de Rosalía foi Curros no seu poema que reflicte esa persecución social e a dor do afastamento, da soidade de alguén que albisca o futuro, pero non poderá vivr nel,  esa situación que sufriu a autora incomprendida polas xentes da súa época. De aí que a vexa como "tola" pioneira dun tempo que aínda non chegou entre outras cousas para a independencia das mulleres que hoxe con outra perspectiva e, instaurados xa certos cambios sociais, entendemos mellor. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN