DE MARÍN: CANTOS CANTOS E CANTOS CONTOS COÑECES?

O pobo galego é un pobo no que a tradición oral mantén unha fortaleza grande seguramente debido a que dalgún xeito segue moi viva. Pero ti que contos de Marín sabes, que cantos cantas relacionados coa túa terra? Esa é unha cuestión sobre a que imos reflexionar hoxe.

Normalmente recibimos esta información cultural do noso entorno familiar e veciñal máis próximo. Pode manifestarse en eventos parroquiais ou municipais, mesmo nalgún festexo de carácter comarcal...así se viña transmitindo esa parte da nosa identidade.

En 1º da ESO falamos de varias das temáticas recorrentes da nosa tradición oral: mouros/as, a morte, os lobishomes... pero quedan outras moitas por explorar.  Seica foi en segundo cando falamos das sereas,,, pero igual non falamos da Serea da Praia de Mogor, tampouco falamos moito do Buraco do Inferno ou doutros elementos mitolóxicos que é por onde imos comezar hoxe:

Procura a historia da Serea de Mogor na páxina Galicia Encantada. Para quen queira afondar hai moita literatura sobre estas sereas galegas (que non sirenas ou bucinas) aínda que segundo algúns dos contos as sereas gozan dunha fermosa voz e usan os seus cantos para atraer aos mariñeiros, mais nalgúns outros seica a perderon como disque lle pasou a Mariña historia que un escritor galego, Gonzalo Torrente Ballester, inmortalizou pero en idioma castelán.

Con respecto ao Buraco do Inferno e outros lugares máxicos hai tamén varias testemuñas interesantes dos habitantes da Illa de Ons podes coñecer neste vídeo:



Pasemos aos cantos. Cantos cantos ou cancións de Marín coñeces? Seguro que a que coñeces á unha que se titula O Rodaballo
 Ten unha historia curiosa que podes ver nun dos programas da TVG chamado:  NO BICO UN CANTAR  Seguro que che soa este título e seguro que sabes a letra, pero por se acaso ímola reproducir:


Nunha lancha de Marín

coa proa de carballo, BIS

catro rapaces da Pobra

ui, ai, ai

roubaron un rodaballo.BIS

 

Mala chispa te coma,

mala chispa che dea,

mala chispa te trague,

ai, ai, ié. BIS a estrofa

 

O patrón que os mandaba

tamén era de Marín BIS

e díxolle ao rodaballo:

ui, ai, ai

moito miras para min! BIS

 

Mala chispa te coma,

mala chispa che dea,

mala chispa te trague,

ai, ai, ié. BIS a estrofa

 

Fórono vender á lonxa

e con moito disimulo BIS

e quen o foi a comprar

ui, ai, ai

a filla do Cachirulo! BIS

 

Mala chispa te coma,

mala chispa che dea,

mala chispa te trague,

ai, ai, ié. BIS a estrofa

 

Aquí se acaba a historia

deste peixe rodaballo BIS

que por non haber aceite,

ui, ai, ai,

houbo que comelo asado. BIS

 

Mala chispa te coma,

mala chispa che dea,

mala chispa te trague,

ai, ai, ié. BIS a estrofa



Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN