VERBOS IRREGULARES
VERBOS IRREGULARES
EN GALEGO
Un verbo
irregular é o que cambia de raíz ao conxugarse, pero cando o fai?
Pretérito indicativo: fun, dixen, fun, houben, vin
RAÍZ DE PRESENTE: Fíxate nos presentes
de indicativo porque hai que sabelos moi ben: A raíz de presente úsase habitualmente para outros tempos, agás os que deben usar a raíz chamada de Perfecto.
RAÍZ DE PERFECTO: Logo hai 4
tempos que se corresponde a 2 tempos en Indicativo e outros 2 en Subxuntivo que usan a raíz denominada de
perfecto que son:
Pretérito IND. Pretérito SUBX.
Antepretérito
IND. Futuro SUBX.
Precisamente sobre o Futuro de subxuntivo debemos saber que mentres nos verbos regulares coinciden a conxugacion deste tempo coa do infinitivo conxugado, nos verbos irregulares presentan raíces distintas e son diferentes.
Futuro de subxuntivo Infinitivo conxugado
dixe-r dicir
dixe -r-es... dicires....
dixe-r dicir
dixe-r-mos dicirmos
dixe-r-des dicirdes
dixe-r-en dicires
Outras características dos verbos irregulares:
- - Poden presentar outras particularidades noutros tempos ou persoas como:
- - Moitos destes verbos estenden a raíz da p1 do pste. de indicativo a todo o
pste. de subxuntivo: caibo, caiba; pairo, paira; veño, veña; vallo, valla …
ACTIVIDADES:
1- Conxuga os presentes de indicativo e subxuntivo dos verbos: CABER, ESTAR, HABER, IR SER, PARIR, PODER, POÑER, VER e VIR.
1- Conxuga os presentes de indicativo e subxuntivo dos verbos: CABER, ESTAR, HABER, IR SER, PARIR, PODER, POÑER, VER e VIR.
2-Remata a listaxe dos 20 VERBOS GALEGOS e as súas raíces
irregulares de perfecto:
VERBO
|
Pretérito
INDICATIVO
|
Antepretérito
INDICATIVO
|
Pretérito
SUBXUNTIVO
|
Futuro
SUBXUNTIVO
|
CABER
|
Coub-en
|
Coube-ra
|
Coube-se
|
Coube-r
|
DAR
|
De-i
|
De-ra
|
De-se
|
De-r
|
DICIR
|
dix-en
|
Dixe-ra
|
Dixe-se
|
Dixe-r
|
ESTAR
|
Estiv-en
|
Estive-ra
|
Estive-se
|
Estive-r
|
FACER
|
Fix-en
|
Fixe-ra
|
Fixe-se
|
Fixe-r
|
HABER
|
Houb-en
|
Hoube-ra
|
Hoube-se
|
Hoube-r
|
IR
|
Fu-n
|
Fo-ra
|
Fo-se
|
Fo-r
|
PARIR
|
||||
PODER
|
||||
POÑER
|
||||
PRACER
|
||||
QUERER
|
||||
SABER
|
||||
SER
|
||||
TRAER
|
||||
TER
|
||||
VALER
|
||||
VER
|
||||
VIR
|
Para quen teña dúbidas pode consultar aquí
Comentarios
Publicar un comentario