SEGUIMOS LENDO EN GALEGO, POR QUE NON?

Cuestionario sobre o Capítulo 4
Supoñamos que hai catro persoas galegas e das catro persoas hai unha que non fala galego...

1- Por que falar en galego cando hai alguén que non o fala non é de mala educación?
Argumenta con alomenos tres razoamentos ben expostos unha resposta afirmativa, é dicir, non é de mala educación falar galego cando hai alguén que non o fala.

Preguntas sobre a lectura do cap 5  de EN GALEGO, POR  QUE NON?

Despois de ler o  capítulo titulado: Porque non damos falado ben, responde ao seguinte cuestionario seguindo os criterios que se verteron na lectura:
1-    É normal que a unha persoa que aprende o galego de segunda lingua lle resulte difícil?     Se a dificultade é natural, cal é o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben?
2-    Para falar ben unha lingua que hai que é ineludible facer antes?
3-    Por que a un polaco lle pode sreultar máis doado aprender galego en catro meses que a un asturiano?
4-    Seica a franceses, británicos , españois e estadounidenses lle resulta máis complicado aprender outros idiomas?  Como se explica?
5-    Unha cousa curiosa, por que cres que os galegos cando se lles pregunta se falan ben o galego din que na súa comarca non, que é noutro punto de Galicia onde se fala ben o noso idioma? Cales son as razóns obxectivas que contribúen a este tipo de crenzas?
6-    O autor do libro fai referencia a unha gaivota chorona, que quere dicir con isto? Explícao razoadamente.
7-    Que quere dicir  Núñez Singala cando di que “ usa un castelán tinguido de galego”?
8-    Seguindo o reto que nos plantea o autor imos poñer en castelán correcto o seguinte texto dun home que fala sobre a situación que estamos pasando:
Érache boa! Madia leva, namentras non haxa unha vacina eu espétome na casiña,  canda a lareira, con sentidiño, e se hai que  deixar a poula as terras, e pasar todo o día esperrechado no sofá en cirolas, faise, e se petan na porta, que peten por máis riquiño ou o máis langrán ou galopin que sexa. Vaites, vaites,  presta ver como poalla e ti sen te mollar. Non che sei, que vou dicir, coma o colo dunha nai non che hai,  só vou saír  botar o cosco.
9-    E como se fai no capítulo imos tamén conxugar catro verbos en presente de indicativo con alternancia vocálica, a ver que tal o fas (lembra que para falar unha lingua ben, hai que realizar un esforzo, sobre todo se non é a túa lingua habitual, e en principio vas  cometer loxicamente erros):

- Durmir, subir, seguir e divertir.


COMO RECOMENDAR UN LIBRO?
Podes seguir un esquema básico esencial como este:

1- Indicar o título, a autoría e a editorial.
2- Realizar unha introdución falando da temática ou estilo do mesmo.
3- Indicar  dous ou tres argumentos ou razóns polas cales ti recomendarías ese libro
4- Realizar unha conclusión ou invitación final á lelo.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN