LEMOS EN GALEGO

 

O Plan Lector lévanos habitualmente a coñecer e ler sobre un autor actual e novelas tamén ambientadas nos nosos tempos. Imos coñecer a un autor novo Héctor Cajaraville a través do título: O Segredo da Casa de Formoso. 

Escoitemos ao autor falándonos da novela: 


Como vén sendo norma, lemos resumimos os seus 15 capítulos (capítulo a capítulo) e faremos unha proba de lectura a finais de novembro o día 26 de novembro. 

Trátase dun argumento sinxelo, pero que require unha pouca de información de cal foi a verdadeira Guerra Civil que se viviu en Galicia, é dicir, máis que unha guerra houbo un proceso bestial de represión dos vencedores sobre os vencidos que ademais de asasinatos atroces provocou grandes abusos. Isto pode verse na trama desta novela sen chegar a centrarse de xeito exclusivo nesta trama. A importancia que ten asunto para a novela é semellante a espazo que se lle dedica a explicar o segredo, nin máis nin menos.

Convén pois consultar unha serie de termos que aparecen ligados a esta parte da trama e analizar tamén os elementos que usa o autor para producir certas retrospeccións na acción en determinados momentos, en gran medida relacionados con este segredo.

 páx. 110 Andazo bolxevique

  páx. 119 sedición e rebeldía

 páx 156 delación


O LÉXICO DUNHA LECTURA:

Fomos recollendo algunha das palabras que aparece na novela para que non deixes de consultala co dicionario da RAG a medida que vas internándote na lectura:
Trade:
espelir:
retrucar:
engalaxe:
rexouba:
gabar:
predio:
autofoto:
chancearse:
meter a zoca:
mincha:
arrepoñer:
pailana:
aba:
malia:
floco do pelo:
indolencia:
bocexo:
arreguizo:
falcatruada:
cello:
trapela:
fachinelo:
claraboia:
rocho:
balorecido:
enfeluxado:
zarrapinado:
andazo bolxevique:
verea:
pena capital:
carapuchado:
Casanova:
rabuda:
karma:
menopausa:
falarcos asubíos:
delación:
pacto do silencio:
carraxe:
bágoas de San Lourenzo:
adiar:
derruba:

Outro aspecto curioso é o léxico inglés que se usa nesta obra: Repara nalgún dos casos máis chamativos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN