Unha lectura para este Nadal: Rebeldes de Susan E. Hinton

 Trátase dunha famosa novela traducida ao noso idioma que servirá de pretexto para comezar o novo ano lendo en galego. A autora Susan E. Hinton retrata o mundo das bandas rivais das rúas de Nova Iork.  A brimos esta caixa de Pandora logo e xa veremos como nos desenvolvemos como lectores nestes ambientes cargados de violencia, conflitos familiares, ausencia de futuro na que sempre existe unha trémula esperanza. 

Como xa comentamos haberá unha proba de lectura á que haberá que presentarse cos resumos escritos a man de cada capítulo da novela. A proba terá como finalidade analizar a estrutura e elementos do texto narrativo lido e valorar fundamentalmente a comprensión lectora e a expresión escrita dos alumnos/as. Todo un achegamento á crítica literaria. Boa lectura! 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN