Da prosa medieval a Rosalía


 Da prosa medieval a Rosalía hai un longo percorrido e á vez hai un fío de comunicación que une ambos fitos da literatura galega. Imos realizar este percorrido como se partísemos unha laranxa en dúas partes, unha mirando ao pasado e outra ao futuro da lingua.


Códex Calixtinus

A prosa medieval galego-portuguesa non ten o esplendor da lírica, pero agocha verdadeiras sorpresas non pouco importantes para a literatura galega e mesmo para outras literaturas peninsulares. Falamos de que posiblemente entre os textos perdidos se atopaba, como indican os estudosos, os precedentes da novelas de cabaleirias máis antigos da Península Ibérica (unha posible primeirra tradución do Amadís de Gaula, por exemplo).  Como non podía ser doutra forma nesta prosa documentados os famosos ciclos de Bretaña, o Clásico e o Carolinxio (de como se lle aparece a Carlomagno o apóstolo Santiago) que algunhas clasificacións denominan de non ficción haxiográfica. Ademais hai unha prosa historiografía relevante e outros textos de prosa didáctica e xurídica, case todos debido a un prodeso de tradución ao galego-portugués dende outras linguas.

Da prosa medieval destacamos as conexións dos Miragres de Santiago coa obra singular escrita en latín denominada  CÓDEX CALIXTINUS ou CÓDICE CALIXTINO que nos permite como antes diciamos partir unha laranxa para ver cara o pasado ao primeiro espertar cultural da Gallaecia que se expresou en latín.  A outra metade da laranxa que nos leva cara ao futuro da nosa literatura da man do potencial futuro da tradición oral para a literatura que ha de vir que digamos (por poñer unha meta) que chega ata Rosalía de Castro e máis alá. 

 Comecemos logo por botarlle un ollo ao que denominaremos 1º Espertar Cultural de Gallaecia ata chegar ao Códex Calixtinus como meta.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN