MADE IN GALIZA (COMEZAMOS COA LECTURA)

 


UNHA LECTURA DISTINTA

Trátase dun libro un tanto especial, ademais de ser un texto literario e tratalo como tal, é dicir, unha obra para ler, saborear os relatos e/ou comentalos, tamén imos traballar a partir da lectura aspectos relacionados coa sociolingüística e a creación de textos de diversa índole. 

Ao ser un libro de relatos independentes marcaremos un ritmo de lectura en función dos temas que vaiamos abordando sen seguir a orde na que aparecen na edición. 

Procuraremos facer da lectura deste libro unha experiencia singular ao tentar levarla ao terreo da expresión oral en ocasións ou  á dramatización e a manexo das TIC en galego, etc... a medida que vaiamos traballando os seus textos na aula. 

Veremos como resulta.

Para a introdución-presentación desta lectura botaremos man dun pequeno vídeo:

Imos seguir unha orde distinta á da aparición dos relatos no libro:

EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE CASTELAO

Con que autor/a galego quero eu facer unha ouigha? 

FALAR

Dúas gráficas a comentar

INTRUCCIONES PARA APRENDER A HABLAR GALLEGO

Somos quen de facer un vídeo a partir dun texto de Séchu Sende. 


Para cando un día de reflexión observando as reaccións do meu entorno ao falaren 24 horas seguido en galego? 

A LINGUA MÁIS DIFÍCIL

A AGULLA DE MAREAR

Que é un pataghullo?

Imos á praza de abastos


NH positivo

ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO SOBRE A MOCIDADE BAIXO OS EFECTOS DAS DROGAS

100. Imos ver que imaxe de actitude lingüística proxecta cada un de nós. Partindo da listaxe do alumnado da aula, cada persoa vai ir adxudicándolle a cada compañeiro ou compañeira unha das categorías do estudo para ver que categoría cremos que predomina na aula. O resultado é positivo ou negativo cara ao galego?

101. Agora trátase de que ti avalíes a túa propia actitude. Identifícaste con algunha das categorías do estudo? Existe diferenza entre a clasificación que ti mesmo e aplicas e a que che aplicou o resto da aula? En caso afirmativo, a que cres que pode ser debido iso?

LABORATORIOS SOCIAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Escribindo ao xeito de Séchu Sende.

EU NUNCA SEREI YO

Escribe un microconto sobre a lingua.

NIN EN SOÑOS VOU PERDER A MIÑA LINGUA


Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN