PLAN LECTOR

 

MADE IN GALIZA 

COMENTARIO DUN TEXTO DE MADE IN GALIZA

A seguir comentamos o texto titulado A lingua máis difícil

 Localización, tras da lectura do texto (aparece nas páxinas 69-70). Pertence ao libro Made in Galiza un libro de Séchu Sende que trata desde un punto d evista creativo e crítico sobre a problemática na que se atopa a lingua galega en pleno proceso de Normalización Lingüística, (contexto literario e histórico) un proceso qu ecomeza tras da morte de Franco e a volta da Democracia, a creación da Xunta de Galicia e a introdución por vez primeira na historia do galego nas escolas.  

Asunto ou resumo: Unha voz indeterminada fálanos dun país pequeno no que a xente tiña dificultada para falar a súa lingua, tardaba anos en falara, non como lles pasa aos outras 5000 linguas existentes no mundo que aos 13 meses os seus nenos e nenas xa comezan a falalo con naturalidade. Tenta explicar a dimensión desta dificultade que nunca se puido explicar, porque as súas xentes eran capaces de aprender outras linguas sen problema, eran casos raros e mínima os que lograban facelo, mesmo a profesores estudados éralles imposible. Nin aprender a saudar na lingua propia e había xente capaz de marchar para outros países onde aprender a ingua non fose un problema.

Tema: O absurdo prexuízo da difícicultade da lingua (galega).

A voz narrativa ou punto de vista que se usa é unha 3ª persoa omnisciente, procurando aparentar obxectividade e imparcialidade para relatar este prexuízo lingüístico.

A estrutura poderíamola dividir en tres partes: Introdución coa presentación deste único país e da súa peculiar dificultade ata a liña 16 do texto.

 O desenvolvemento do nó da historia narrando varias situacións nas que se xeneraliza a problemática ata a liña  39.

Desenlace no que se insiste repetidamente na dificultade estrema que tiña a aprendizaxe desta lingua (da liña 40 ata o final.)

Os personaxes son colectivos, as xentes ou grupos concretos, profesores, nenos pouco definidos , como personaxes tirados dun conto de ficción. 

O espazo ao que nos leva este pequeno país practicamente descoñecido, inaudito e impreciso é á propia Galicia, porque como está pasando hai nenos e nenas que hegan falando na súa lingua e logo como veremos.  O tempo tamén nos conduce a un tempo impreciso, pero moi próximo ao actual, ao que vivimos, o noso.  Discurso narrativo sen diálogos ou descricións. 

Interpretación da linguaxe

Nivel semántico: Procuramos os campos semánticos ou cadeas léxicas significativas do texto: A palabra máis utilizada é a lingua e o botar  ou chegar a falar e, por suposto o substantivo "xente" " a inmensa maioría", pero a cadea máis significativa a formada  por todas as palabras e expresións que fan referencia á dimensión da dificultade e cómputo do esforzo: "tardar anos", "nunca chegou" " tivo problemas" " fantástica dificultade", " non atreverse a" " non estar preparados" " cxa era demasiado tarde" "parecer imposible" "traballo considerábel, sobrehumano"  " tan difícil" " nin sequera" " Tan extremadamente difícil" " en moitas ocasiósn reforzado con negacións ou cunha expresión negativa: "frustración"  " non conseguir"  "case ninguén" ... As connotacións ou suxestións que todas estas expresións conlevan están como se pode apreciar relacionadas intimamente e insistentemente co tema, a través dun recursos ou artificios literarios como a hipérbole ou esaxeración continuada:  "ninguén puido explicar nunca" ( mesmo "os científicos do National Geografic" onde e descobre a ironía remarcada coa antítese (contradición) do "nunca" "anos e anos" fronte aos 13 meses que tardan outras 5000 linguas, mesmo para comentar que  a xente deste país con relación a outros idiomas (paradoxo ou contradición aparente con ironía)  ao dicir que "os vellos non se atrevían a falala porque aínda non estaban preparados" "a ver se os meus fillos o conseguen" coa que se nos quere suxerir ir marcando o ton irónico, absurdo e crítico satírico do texto ante ver dificultoso para as xentes dun país aprender a súa lingua.  A ironía e o paradoxo reiterativos trasládanse así ao espazo narrativo que é moi importante relacionar con Galicia para entender o ton do texto. O narrador obxectivo fala dun país inaudito, impreciso para crear esa tensión entre a realidade e a ficción aparente, falsa, pero verdadeira á vez, na que a lingua (o galego) deste distópico país ten "un alumnado que chega falándoa ás escolas para  logo rematar os estudos e non conseguir botarse a falar no idioma" ou  no que haxa "profesores e profesoras que non conseguían falalo" Dúas ironías máis cargadas de ton crítico ao noso sistema educativo real. E o absurdo e certamente anormal e paradóxico da situación "que non se saiba saudar (dicir: Ola!, Adeus!, Bos días!) na lingua propia e aínda máis se somos incapaces de nomear (circunloquio) "a culler" cuberto cóncavo co que se come a sopa" ou  cando se afirma que a dificultade "da lingua máis difícil do mundo" provoca que haxa quen se marche para outros países (hipérboles irónica). 

Nivel morfosintáctico: O ritmo ou dinamismo deste texto é lento ou negativo observámolo na abundacia de repeticións e mesmo construcións paralelísticas: "Era tan difícil... (liña 40), Era tan, tan dificil (liña 42) e Era tan, tan, tan extrenadamente difícil. Este ritmo lento incide necesariamente na intención do tema insistir no absurdo,  na natureza anormal do que se afirma.  

Nivel fonético: Musicalidade. A non ser un texto lírico, este apartado é menos importante ao carecer de rima e outras características máis propias de textos poéticos. Aínda así podemos atopar  algunha aliteración que reforza a intención doutros recursos como o "c" que se repite en "palabra común e corrente, ao cuberto cóncavo co que se come a sopa" no circunloquio antes comentado. 

Valoración: O autor, en pleno Etapa de Normalización escolle como tema o absurdo prexuízo que defende a dificultade de falar unha lingua (calquera). Pretende combater a idea de que hai linguas difíciles. Rebátese o prexuízo e contraargumenta con ton crítico e burlesco cheo de ironías, hipérboles e paradoxos que, á vez, achegan máis este país de conto e impreciso do que se fala á Galicia e as súas xentes ás que se lles reproba teñan actitudes semellantes, senón idénticas,  ás que se citan no texto como inauditas e extraordinariamente esaxeredas (aquilo tantas veces repetido de que a realidade supera a fición). Este relato pertence  ao libro Made In Galiza, fala do prexuízo lingüístico, un de tantos presentes na sociedade galega de hoxe, sobre os que o autor quere facer reflexionar ao lector, procurando ademais incidir e intervir no debate e, deste xeito, contribuir positivamente ao Proceso de Normalización no que estamos vivindo. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 1ª Avaliación

CONTIDOS DA 2ª Avaliación

PROBA DE RECUPERACIÓN DE XUÑO