Para celebrar o Día mundial do Teatro

Agora que estamos a pasar unha terrible praga pode ser un bo momento para che propor unha actividade sobre esta obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño:


Despois de ver o vídeo realizaremos a lectura dalgunha das escenas desta obra do PDF antes de responder ao seguinte cuestionario:

1- Como se chama a obra sobre a que estamos traballando?
2- Por que cres que leva este título?
3- A meirande parte dos personaxes desta obra que son?       E que sagrada misión teñen?
4- <b>O xénero teatral formalmente identifícase porque establece un diálogo</b> (entre os personaxes ou entre un actor/actriz ou actores/actrices e o público).
<b>En canto ao contido defínese por presentar un conflito</b> (un enfrontamento de ideas) que ás veces se resolve felizmente, outras remata en desgraza.
Na presente obra, cal cres que é o principal conflito que se presenta?
5- Esta obra é unha traxedia ou unha comedia? Por  que?
6- Esta obra ten unha temática crítica. <i><b>A chamada</b></i> é unha das escenas que destacamos. Realiza  un breve comentario do seu contido crítico.
7- Gustaríache facer unha pequena representación teatral esta ou outra semellante? Por que?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN