ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE

 

O lema deste ano co que imos traballar e que ademais nos vai servir de motor ao longo do curso é: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE!

 

Trátase realmente de CONSTRUÍR A NOSA RESPONSABILIDADE. A responsabilidade de todos como un labor individual á vez de colectivo. Implica ter clara a igualdade de dereitos, a importancia dos deberes nun mundo complexo rico en diversidade. Somos diferentes en cultura, pero abordamos unha tarefa esencial en común a de compartir un planeta e manter viva a nosa identidade.

 

Apelar á sensatez nestes tempos de pandemia non pode facer invisible outras cousas das que tamén somos responsables. Bótalle unha ollada ao vídeo:


Responde as seguintes cuestións sobre o vídeo procurando argumentar como corresponde a un alumno/a de 3º da ESO:

Cantas linguas hai no mundo? Imos perdendo ou gañando linguas?

Por que son tan fráxiles as linguas?

Por que é imprescindible "espertar"?


E xa postos dado que estamos pendentes da COVIB-19 falemos de CONTAXIO:


Hai contaxios saudables?

Logo, quererás probar e contaxiarte?

 

COMEZAMOS.

Escribir, ler e falar ben a nosa lingua, a responsabilidade esencial que temos que asumir.

COMO NACE UNHA LINGUA? É UN PROCESO SINXELO? QUE ACTORES ESENCIAIS INTERVEÑEN NESTE PROCESO?

EN QUE MOMENTO E COMO CRES QUE SERÍA A ADOLESCENCIA DO GALEGO?


Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN