NO CAMIÑO, A EMPATíA. ( Unidade 0. Curso 2026/27)
![]() |
| Cadea humana no Grove 12-11 2012 (Foto de Vítor Mejuto) |
Que che suxire esta fotografía? Que están facendo? Quen a protagoniza? Que expresan para ti? A ver se acertas que pode simbolizar.
Algunha vez te preguntaches por que vivimos en sociedade? Por que o ser humano non pode vivir aillado e de costas ao outro? Cal é a clave para vivir en colectivo?
A resposta está na identidade.
Nesa procura do eu que comeza mesmo ao nacer, hai un camiño constante que nos vai descubrindo o mundo aos poucos, un mundo tan complexo e diverso que sempre haberá alguén alleo ao que achegarnos. Nese camiñar, por forza, caemos na conta de que a diversidade nos fai humanos e deste xeito axiña pasamos de estar na Casa a construír na paisaxe a nosa Terra, en base a nosa lingua, cultura e historia, unha personalidade na que o orixinal do nós, da nosa forma de ser nos abre as portas da universalidade. Trátase dun camiñar incesante e intrincado, intelixente e audaz no que se fai imprescindible practicar a empatía. Liberarse dos prexuízos cara aos demais implica saber mellor quen somos e ser empáticos tanto cun mesmo como con calquera distinto a nós. Apreciar o propio conleva coñecer a diferenza e valorar a variedade de idiomas e culturas como a nosa esencia.
A empatía será no camiño deste curso, a compañeira escollida como ferramenta para medrar. É unha compoñente que nos permite erguer o ser humano que transcende o eu, que repara no nós ineludiblemente incorporando o sentir do alleo. Coa empatía entenderemos que significa realmente a humanidade.
Como definirías ti o concepto de empatía?
Cres que este tema das nosas Tanxugueiras con Juancho Marqués reflicte dalgún xeito a empatía? Por que?
"As que tiñan que estar"
Miré a los lados y estaban
Las que tenían que estar
Y las miradas bailaban
Sobre las olas del mar
Ao meu carón alí estaban
Esas que tiñan que estar
E as miradas bailaban
Sobre as ondas do mar
Vivo sobre unha pedra sentada
Estou deixando a vida pasar
Inda sinto a brisa na cara
Vivo sobre una piedra sentada
Estoy dejando la vida pasar
Ahora siento la brisa en la cara
Ailaralalala ailaralalala ailaralalara
Ailaralalala ailaralalala ailaralalara
Solo quise ser la plataforma
Dar cobijo al que venga después
Lagrima que brotó de mis ojos
No verá que en la lluvia se fue
Hasta el árbol que un día planté
Tardará mucho tiempo en crecer
Pero a ti te dejará una sombra
Donde yo nunca me tumbaré
Síntoas preto, ás que recollían as pedras
que me ferían ao camiñar
Síntoas preto, sendo terra
e eu a piques de naufragar
Ailaralalala ailaralalala ailaralalara
Donde yo nunca me tumbaré
Ailaralalala ailaralalala ailaralalara
Donde yo nunca me tumbaré
Ailaralalala ailaralalala ailaralalara
Miré a los lados y estaban
Las que tenían que estar
Ao meu carón alí estaban
Esas que tiñan que estar

Comentarios
Publicar un comentario