UNIDADE CERO: A RÍA DA EXISTENCIA (curso 24-25)

 


Benvidas/os ao curso 24-25. O lema deste curso é A ría da existencia. Dáse a circunstancia que o lugar onde vivimos ten como referencia espacial unha terra na que o mar está moi presente. A ría condiciona logo o noso ser, a nosa identidade. Por iso comezamos este curso no que seguimos preguntándonos quen somos, que é o que nos caracteriza, mirando ao noso mar.

 E se falamos de personalidade a lingua tenche moito que ver tamén, bótalle un ollo e estes vídeos:



Mais lembra que a lingua como vés tamén está fortemente ligada a terra e, no noso caso, ao mar.

1- Que expresións propias do Morrazo que non coñecías aparecen no vídeo. Toma nota e procura unha versión escrita que explique o seu contido.

2- Unha vez que viches os dous vídeos cres que a lingua que falamos no Morrazo está ligada ao mar e as rías nas que vivimos?

3- Cres que falan distinto noutras comarcas de Galicia? Por que cres que se producen estas diferenzas?

4- En que e diferenza o galego normativo e o galego do Morrazo?

5- Pensas que o feito de que existan estas variantes dialectais do galego é unha riqueza ou que, pola contra, resulta un inconveniente?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación:

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

Os xéneros menores e o comentario das pastorelas