LITERATURA NAS RÍAS: Eu tamén navegar
Escollemos catro
textos de distintas épocas representativos da nosa cultura e o mar para
establecer semellanzas e diferenzas, coa idea de comentalas e poñelas en común
para poder tirar algunha conclusión neste limiar do curso.
De Martín Códax.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
e ai Deus, se verrá
cedo?
Ondas do mar levado,
e ai Deus, se verrá cedo?
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
e ai Deus, se verrá cedo?
10 Se vistes meu amado,
o por que hei gram coidado?
e ai Deus, se verrá cedo?
Na tradición oral
O mar tamén é casado,
o mar tamén ten muller
é casadiño coa area,
dálle bicos cando
quer.
Para ser bon mariñeiro
hai que nacer en Marín,
que dalí son os millores,
de cantos eu coñesín.
De Rosalía de Castro
COMO Penélope:
Pero eu no recuncho máis escondido
e tamén máis fermoso da terra,
que o noso naufragou na tormenta,
tezo e destezo sen cesar a miña tea,
a incansable tarefa,
e que agora subindo, agora baixando,
unhas veces con luz e outras a cegas,
cumprimos os nosos
días e chegamos
máis tarde ou máis temperán á ribeira.
De Xohana Torres
DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz,
non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.
QUE amaine o vento, beberás o viño.
QUE sereas sen voz a
vela embaten.
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.»
1- O mar está
presente nestes catro textos. Analiza a funcionalidade que ten en cada texto.
2- De que tema
tratan?
3- Identifica as
persoas ás que se alude (non deixes de investigar sobre quen é Penélope) e fíxate no papel desas persoas (home- muller) en cada
texto.
4- Saberías dicir en
que época estan escritos?
5- Establece as semellanzas e diferenzas
pertinentes entre eles.
Comentarios
Publicar un comentario