BEGOÑA CAAMAÑO AS LETRAS DO 2026

 



O Día das Letras Galegas celebrouse por vez primeira un 17 de maiod e 1963, xusto cena anos despois da saída da imprenta do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro, titulado Cantares Gallegos.   


Esta ano 2026 homenaxeamos neste Día das Letras a Begoña Caamaño. (1964-2014)  Procuramos unha breve biografía na que destacamos tres facetas a de xornalista a prolo do galego, a de activista feminista e escritora que recrea a mitoloxía grega e céltica. 



Reportaxe TVIGO

ACTIVIDADES: 

0-  Procura unha boa biografía sobre Begoña Caamaño.

1- Que sabes do argumento da Odisea de Homero, considerada a primeira novela da Literatura Occidental escrita hai 2600 anos na Grecia antiga?. 

                            Escribo para pensar o mundo que eu quero  (Begoña Caamaño)


DA MITOLOXÍA GREGA

 Tras resumir o argumento da Odisea de Homero, considerada a primeira novela da literatura occidental escrita hai 2600 anos na Grecia Antiga debes saber que Begoña coñeceu este libro na súa infancia e logo volveu a el para escribir a súa primeira novela Circe ou o pracer do azul.  

2-Cantas mulleres aparecen citadas no argumento que acabas de atopar? 


Begoña Caamaño vai colocar, pola súa profunda convicción feminista, nun primeiro plano, como as protagonistas absolutas da súa narrativa,  a aquelas mulleres ás que Homero retratara na Grecia Antiga. O reto era grande e o resultado foi marabilloso. 



RESUMO DA TRAMA DA NOVELA: 

Circe ou o pracer do azul

...Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a problable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, dunha muller misteriosa que a informa que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí  vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres...


3- Quen son, como se chaman, estas dúas mulleres? 


4- Que nos contan os mitos gregos ou como chegaron ata nós estas dúas mulleres? 


5- Como era a Penélope da literatura galega ata chegar á Penélope de Begoña Caamaño? 


 Pequeno traballo de investigación: 

Da Penélope de Rosalía de Castro á Penélope de Begoña Caamaño, pasando pola de Xosé Díaz Castro e Xohana Torres.  

Rosalía de Castro: Tecín soia a miña tea do libro Follas Novas


Do libro En las orillas del Sar: Desde los cuatro puntos cardinales

Xohana Torres:  Penélope


BEGOÑA E A RADIO EN GALEGO


Resume as principais ideas que Begoña defende nesta entrevista sobre o galego e a radio. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 1ª Avaliación

CONTIDOS DA TERCEIRA AVALIACIÓN

CONTIDOS DA 2ª Avaliación