Como achegarnos a Rosalía? Un verdadeiro reto que parte da nosa visión da literatura e de Galicia, a día de hoxe.

 



Como nos achegamos á figura de Rosalía de Castro en 2026?  Non cabe ningunha dúbida de que Rosalía segue viva, pero como podemos demostralo, só cunha idea clara que é a de interpretala desde nós, desde a época na que vivimos, ela morreu fai 141 anos, non hai tanto tempo, a súa forma de sentir a vida, de analizar os problemas de Galicia e, en especial, das súas mulleres, ás que escolle como suxeitos do seu dicir. Como podes demostralo? Eis logo o gran reto que tes por diante. Comecemos pola súa biografía, polos seus dicires que son os seus escritos.  As distintas interpretacións que se fixeron da obra de Rosalía, depende de cada época que vai interpretar aos protagonistas de cada momento non tanto por como foron, senón polas claves do presente, por iso é válido tentar un achegamento desde a mirada de hoxe, procurando unha crítica tendente a non caer nas interpretacións do pasado, esas que pasra hoxe xa non valen e, se cadra nunca foron quen de ofrecer un retrato fiel da autora máis representativa da nosa literatura contemporánea.  

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación:

CONTIDOS 1ª Avaliación

CONTIDOS DA 2ª Avaliación