SARMIENTO E OS PRECURSORES DO REXURDIMENTO

 Sarmiento e os chamados precursores do Rexurdimento.



Unha historia na que se mestura a Rosalía de Castro de verdade con unha das súas novelas máis estrañas: 
     O cabaleiro das botas azuis
Resumimos o argumento desta novela:.

Un home, con afán de fama e recoñecemento póstumo, invoca ás musas para que lle inspiren unha nova fórmula poética. No seu lugar acode a Novidade, quen o tomará como o seu protexido e  convérteo no duque da Gloria, unha insólita personaxe, que coa súa extraordinaria vestimenta (botas azuis e bastón con axouxere), chegará á corte escandalizando e atraendo a curiosidade de todos. A súa misión será a de deixar en evidencia, mediante a ironía e a burla, á sociedade madrileña, dominada pola hipocrisía e a vanidade, así como, tamén, á ripia literatura que se comercializaba na época.

Considerada pola crítica a máis interesante das novelas de Rosalía e subtitulada como «cuento extraño», constitúe unha enigmática fantasía satírica na que a escritora expón unha variedade de relatos de corte lírico-fantástico con trazos costumistas que ten o obxectivo de satirizar tanto a hipocrisía como a ignorancia da sociedade madrileña. Conflúen na súa composición elementos provenientes de dous campos, como son a libre imaxinación (influencia de E. T. A. Hoffmann) e a sátira realista de costumes.
 





Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 1ª Avaliación

CONTIDOS DA 2ª Avaliación

PROBA DE RECUPERACIÓN DE XUÑO