Publicacións

CONTIDOS DAS RECUPERACIóNS

  MODALIDADE A / CONTIDOS PARA OS QUE SÓ TEÑEÑ A 3ª AVALIACIÓN Serán os mesmos contidos que aparecen na entrada tendo en conta a maiores que pode incluírse algunha pregunta das lecturas do Plan lector, só para aqueles que teñen menos dun 5 nas probas de MADE IN GALIZA ou CRIATURAS.  CONTIDOS DA 3ª AVALIACIÓN  MODALIDADE B/  PARA OS QUE TEÑEN 2ª e 3ª Avaliacións Ademais dos contidos da 3ª Avaliación, teñén unha pregunta sobre unha seguintes cuestións da 2ª: - - As cantigas satíricas: de Escarnio e Maldicir. No libro de texto na páx. 116-117 - As cantigas relixiosas de Santa María . No libro de texto na páxina 138-139 Estas probas poderán contar con algunha pregunta do plan lector dos libros cuxas probas de lectura teñan menos de 5 de puntuación. MODALIDADE C / PARA PA QUE TEÑEN 1ª 2ª e 3ª avaliacións: CONTIDOS DA 3ª AVALIACIÓN (agás Séculos Escuros e Sarmiento, / Os precursores do Rexurdimento, que non lles entrarían nesta proba)  - As cantigas satíricas: de Es...

CRIATURAS

Imaxe
  Foto da montaxe de Teatro do Aquí Sinopse Roberto Vidal Bolaño busca nos mitos o mellor dos referentes, convencido de que neles reside case todo o que importa. Criaturas pon ao descuberto, xa dentro do mesmo título, cales son eses referentes dos que parte, cal o mito no que busca as súas orixes e cal o marco no que inscribe a súa busca. O mito non é outro que o de Prometeo, o primeiro creador de vida artificial. O xénero dende o que o fai é o do terror e as canles farturentas das que bebe, o Frankenstein de Mary Shelley e o maxistral díptico que arredor del realizou nos anos trinta para a Universal James Whale. O que pretendiamos non era outra cousa que indagar e ver de poñer ao descuberto o que a razón ou a civilización podían ter producido de mostroso en nós ou nos que nos rodean. Neses personaxes anónimos, cotiáns, cos que nos cruzamos cada día no paso de peatóns, á volta da esquina, ou na cola do super ou do cine e cos que nos relacionamos con toda naturalidade. Con esa mesm...

CONTIDOS DA TERCEIRA AVALIACIÓN

 A 3ª avaliación contará cunha proba escrita 21 de maio, unha serie de comentarios de textos dos autores do Rexurdimento que realizaremos despois da proba escrita e unha lectura do Plan Lector dun texto teatral  coa súa correspondente proba de comprensión e análise do texto.   LITERATURA  DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO. SARMIENTO No libro as páxina 214.  OS PRECURSORES DO REXURDIMENTO páxina 193.  Sarmiento, Xoán M. Pintos, Francisco Añón e Antonio Fdez Morales. ROSALÍA DE CASTRO   no libro de texto páxinas 240, 241 e 242, ademais ler os textos dos exercicios das páxinas 243 á 247. - Estrutura e temáticas do seus libros - Lingua e estilo EDUARDO PONDAL E CURROS ENRÍQUEZ no libro de texto leremos as biografías, pero estudamos singularmente: Obra literarria, lingua e estilo. Principais eixes temáticos e ideolóxicos nas páxinas seguintes: - para Eduardo Pondal 288, 289 e 290 (ademais ler os textos dos exercicios páxinas 291 á 295) - para Curro...

BEGOÑA CAAMAÑO AS LETRAS DO 2026

Imaxe
  O Día das Letras Galegas celebrouse por vez primeira un 17 de maiod e 1963, xusto cena anos despois da saída da imprenta do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro, titulado Cantares Gallegos.    Esta ano 2026 homenaxeamos neste Día das Letras a Begoña Caamaño. (1964-2014)  Procuramos unha breve biografía na que destacamos tres facetas a de xornalista a prolo do galego, a de activista feminista e escritora que recrea a mitoloxía grega e céltica.  Reportaxe TVIGO ACTIVIDADES:  0-  Procura unha boa biografía sobre Begoña Caamaño. 1- Que sabes do argumento da Odisea de Homero, considerada a primeira novela da Literatura Occidental escrita hai 2600 anos na Grecia antiga?.                              Escribo para pensar o mundo que eu quero   (Begoña Caamaño) DA MITOLOXÍA GREGA  Tras resumir o argumento da Odisea de Homero, considerada a primeira novela da litera...

PLAN LECTOR 3ª Avaliación (TEATRO): CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño.

Imaxe
  ANTES DE LER: A obra de teatro titulada CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño... REFLEXIONEMOS...  QUE DEBEMOS VER CANDO SE REPRESENTA  UNHA OBRA DE TEATRO? Un xénero literario peculiar porque ten o obxectivo de se representar, un xénero que se identifica formalmente polos  diálogos  dos ersonaxes e as  acoutacións ou aclaracións  que se inclúen para poñela en escena.  O xénero dramático é polo seu contido  o que expresa  conflitos , desacordos, ideas contrapostas, diversas formas de pensar que se enfrontan e que poden rematar en desgraza (traxedia) ou felizmente (comedia). ACTIVIDADES:  Formulemos unha serie de preguntas tras a represetación da última obra da Aula de Teatro do San Narciso.  1- Mirando a ilustración que acompaña ao dítico co que se presenta a obra, cal cres que será o conflito que se plantea nesta representación?  A obra que vistes representada pola Aula de Teatro do Sei San Narciso, titúlase:    ...

Como achegarnos a Rosalía? Un verdadeiro reto que parte da nosa visión da literatura e de Galicia, a día de hoxe.

Imaxe
  Como nos achegamos á figura de Rosalía de Castro en 2026?  Non cabe ningunha dúbida de que Rosalía segue viva , pero como podemos demostralo, só cunha idea clara que é a de interpretala desde nós, desde a época na que vivimos, ela morreu fai 141 anos, non hai tanto tempo, a súa forma de sentir a vida, de analizar os problemas de Galicia e, en especial, das súas mulleres, ás que escolle como suxeitos do seu dicir. Como podes demostralo? Eis logo o gran reto que tes por diante. Comecemos pola súa biografía, polos seus dicires que son os seus escritos.  As distintas interpretacións que se fixeron da obra de Rosalía, depende de cada época que vai interpretar aos protagonistas de cada momento non tanto por como foron, senón polas claves do presente, por iso é válido tentar un achegamento desde a mirada de hoxe, procurando unha crítica tendente a non caer nas interpretacións do pasado, esas que pasra hoxe xa non valen e, se cadra nunca foron quen de ofrecer un retrato fiel ...

SARMIENTO E OS PRECURSORES DO REXURDIMENTO

Imaxe
 Sarmiento e os chamados precursores do Rexurdimento. Contou Rosalía Unha historia na que se mestura a Rosalía de Castro de verdade con unha das súas novelas máis estrañas:       O cabaleiro das botas azuis Resumimos o argumento desta novela:. Un home, con afán de fama e recoñecemento póstumo, invoca ás musas para que lle inspiren unha nova fórmula poética. No seu lugar acode a Novidade, quen o tomará como o seu protexido e  convérteo no duque da Gloria, unha insólita personaxe, que coa súa extraordinaria vestimenta (botas azuis e bastón con axouxere), chegará á corte escandalizando e atraendo a curiosidade de todos. A súa misión será a de deixar en evidencia, mediante a ironía e a burla, á sociedade madrileña, dominada pola hipocrisía e a vanidade, así como, tamén, á ripia literatura que se comercializaba na época. Considerada pola crítica a máis interesante das novelas de Rosalía e subtitulada como «cuento extraño», constitúe unha enigmática fantasía satí...

PLAN LECTOR 2º trimestre: MADE IN GALIZA de Sëchu Sende

Imaxe
  EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE CASTELAO FALAR CURTAMETRAXE Ler catro textos dun golpe: NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS O LADRÓN DE PALABRAS UF A MULLER QUE VIVIA NO FUTURO   A muller que vivía no futuro é unha reflexión algo máis que sobre o paso do tempo, sobre a falsa apariencia do que virá, pois o futuro realmente comeza hoxe... dúas ideas asentadas sobre dúas metáforas simbólicas superpostas e un tremendo paradoxo. A manhá que está personalizada nunha muller co nome escrito con certa intención coa grafía -nh- que acaba morrendo. Interróganos o texto sobre que sentido ten o presente e especialmente se este existe tendo en conta que ademais o futuro tamén é unha tremenda ilusión incerta sen deixar, sen dúbida, de ser tamén positiva para a xente.    ACTIVIDADES:  Rematar a lectura de 15 textos mínimo para unha proba de lectura e un comentario. Prazo: 15 de abril INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO A AGULLA DE MAREAR  NIN EN SOÑOS VOU PERDER...

CONTIDOS DA 2ª Avaliación

 Os contidos da 2ª avaliación serán divididos nunha proba de avalición con teoría e práctica, ademais do paln lector que xa realizamos da novela: Poder non é querer.   A proba terá os seguintes contidos: LITERATURA: - As cantigas satíricas: de Escarnio e Maldicir . No libro de texto na páx. 116-117 - As cantigas relixiosas de Santa María . No libro de texto na páxina 138-139 - Os Xéneros Menores. No libro de texto na páx. 118 - A Prosa Medieval. No libro de texto na páxina 140  COMENTARIO: Identificar aen textos medievais distintos tipos de cantigas e comentario de pastorelas.  O concepto dos séculos escuros , como nolo descobre o Pai Sarmiento. LINGUA E SOCIEDADE: - Plurilingüismo e Conflito lingüístico  - Bilingüismo e Competencia lingüística (Sobre esta última, tendo en conta o pouco espazo que se lle dedica nos textos do libro recomendamos lembrar o que se subliñaba acerca dela na aula: A Competencia Lingüística é a que nos permite poder escoller en liberda...

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Imaxe
 UNHA DUCIA DE MANEIRAS DE CELEBRAR  O NACEMENTO DE ROSALÍA XAN Xan vai coller leña ó monte, Xan vai a compoñer cestos, Xan vai a poda-las viñas, Xan vai a apaña-lo esterco, e leva o fol ó muíño,                                           5 e trai o estrume ó cortello, e vai á fonte por auga, e vaa á misa cos nenos, e fai o leito io caldo. Xan, en fin, é un Xan compreto,                         10 desos qu'a cada muller lle conviña un polo menos, pero cand'un busca un Xan, casi sempre atopa un Pedro. Pepa, a afertunada Pepa,                                    15 muller do Xan que sabemos, mentres seu home traballa, ela lava os pés no rego, cátall'as pulgas ó gato, peitea os longos cabelos,        ...

OS SÉCULOS ESCUROS

Imaxe
  Quen eran os Irmandiños? Que son os Séculos Escuros?  

REPASOS GRAMATICAIS: VERBOS REGULARES / PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS

Imaxe
  OS VERBOS REGULARES PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS  E  ÁTONOS

COMENTANDO UNHA PASTORELA

Imaxe
Comentando unha pastorela: Quand'eu un día fui en Compostela en romaría, vi ũa pastor que, pois fui nado, nunca vi tan bela, nen vi outra que falasse milhor e demandei-lhi logo seu amor e fiz por ela esta pastorela. Dixi-lh'eu logo: «Fremosa poncela, queredes vós min por entendedor, que vos darei boas toucas d'Estela e boas cintas de Rocamador e doutras dõas, a vosso sabor e fremoso pano pera gonela?». E ela disse: «Eu non vos quería por entendedor, ca nunca vos vi, senón agora, nen vos filharía dõas, que sei que non son pera min, pero cuid'eu, se as filhass'assí, que tal ha no mundo a que pesaría. E, se veess'outra, que lhi diría, se me dissesse "ca per vós perdí meu amigu'e dõas que me tragía?". Eu non sei ren que lhi dissess'alí; se non foss'esto de que me tem'i, non vos dig'ora que o non faría». Dix'eu: «Pastor, sodes ben razoada, e pero creede, se vos non pesar, que non ést'hoj'outra no mundo nada, se vós non sodes,...

DERRADEIRA CLASE DO 2025

Imaxe
 Imos coas cantigas tradicionais de Nadal: Cantigas de Nadal ou Coplas do Nadal   recollido por Alan Lomax en Soutoxuste (Redondela) en 1952 e recreada do seguinte xeito:   Aguinaldo recollido no Ayes de mi país: O cancioneiro de Marcial Valladares. Catro mancebos xuntiños,  aquí xuntiños estamos  e tan cansado os catro  que é preciso alimentarnos.  De moi ben lonxe xa vimos;  moito que andar inda falta  as forzas piden reparo,  Mollo as gorxas, e non de auga.  Chouriziños, longanizas  uña de porco, fuciño,  de xamón dúas tortillas,  con dous xerriños de viño.  Abran as portas, Señores,  que por honrados nos temos  e sabe Dios se para o ano  á porta lles cantaremos.  De cantar xa nos cansamos;  por pobres non nos desprecien,  que, s´algo os ricos non dan  os pobres mal se remexen.  Vivan e vivamos todos,  que para todos Dios dou;  Saudiñas; cante o merlo; ...

PLAN LECTOR: PODER NON É QUERER de Noela Rivas

Imaxe
Esta vai ser a lectura para rematar  este 1º trimestre. Á volta de vacacións deberíamola ter lida para realizar a  pertinente proba de lectura o dia 30 de xaneiro. 

LÍRICA MEDIEVAL II: CANTIGAS SATÍRICAS E RELIXIOSAS. XÉNEROS MENORES

Imaxe
CANTIGAS SATÍRICAS CANTIGAS RELIXIOSAS XÉNEROS MENORES

FESTIVAL DA LÍRICA GALAICO -PORTUGUÉS de 3º DA ESO

Imaxe
  O próximo 10 de decembro celebraremos o 1º Festival da Lírica Galaico-Portuguesa de 3º da ESO Cos seguintes temas: 1- Sedíame eu na Ermida de San Simón.  2-   Eno sagrado en Vigo. 3-    Levouse al alba… 4-     Senhor que de grand’ oj ‘eu quería 5- O que vos nunca cuidei a dizer, /A dona que amo e tehno por senhor. 6-  7-    Maldito sexa o Mare e  Quantas sabedes amar amigo 8-     Mia irmana fremosa traides … 9- Tres moças namoradas 10- Eno Sagrado en Vigo….. 11- Ondas do mar de Vigo  12-    A do moi bom parecer?

CONTIDOS 1ª Avaliación

Imaxe
Contidos da 1ª Avaliación:  1- Lingua e sociedade : Unidade  1:  Panorámica da Historia da Lingua.    - As raíces da nosa lingua.     - O nacemento, esplendor e decadencia medieval.      - Dos Seculos Escuros ao Rexurdimento e o Nacionalismo.    - Do Franquismo á actualidade  2- Literatura medieval : Unidade 2: No libro páx. 44-45.  - No blog. Lírica Tradicional e Trobadoresca - Unidade 3:  As cantigas de amigo  no blog. e no libro páx 66, 67, 68.  - Unidade 4:  A cantigas de amor no blog e no libro páx.94, 95, 96 - Comentario das cantigas: Teoría (clasificación) e práctica (procurar recursos e elementos tradicionais e trobadorescos nas cantigas) Os comentarios realizados na aula serán avaliados por separado.  3- Gramática: Unidades 1 e 2  Unidades lingüísticas (Palabras e frases) páx. 14 e 15 / páx. 36-35 do libro. - Unidade 3: O substantivo. Xénero e número páx. 60, 61, 62 do ...

PROPOSTA DE TRABALLO SOBRE AS CANTIGAS

Imaxe
  QUE CANTIGA IMOS FACER? Escoita e identifica, primeiro as seguintes cantigas. Escollede despois unha cantiga para versionar,  representar, cantar, bailar, dramatizar... TRABALLO DE GRUPO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN.  Chegou o día de escoller cantiga(s) en grupo para realizar unha versión protagonizada por vós. Podedes escoller unha cantiga xa gravada e sobre o audio preparar un vídeo protagonizado polas persoas do grupo ou cantala ou dramatizala. Agora ides ver modelos de cantigas e variadas versións nas distintas entradas que enlazamos a seguir.  Os obxectivos didácticos que se pretenden acadar con este traballo son:  1- Protagonizar un achegamento colectivo ao esplendor da lírica galaico-portuguesa selecionando unha cantiga amorosa de amigo ou de amor. 2-  Interiorizar por parte do alumnado esa cantiga amorosa do galego-portugués medieval ata o punto de protagonizar unha montaxe audiovisual ou dramatizada na que como actores e/ou actrices trasladen na interp...

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL: As cantigas de amigo e as cantigas de amor

Imaxe
INTRODUCIÓN A LITERATURA MEDIEVAL: DO TRADICIONAL AO TROBADORESCO DAS CANTIGAS DE AMIGO COMENTARIO DUNHA CANTIGA O meu primeiro comentario  AS CANTIGAS DE AMOR