PROPOSTA DE TRABALLO SOBRE AS CANTIGAS

 

QUE CANTIGA IMOS FACER?

Escoita e identifica, primeiro as seguintes cantigas. Escollede despois unha cantiga para versionar,  representar, cantar, bailar, dramatizar...

TRABALLO DE GRUPO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN.

 Chegou o día de escoller cantiga(s) en grupo para realizar unha versión protagonizada por vós. Podedes escoller unha cantiga xa gravada e sobre o audio preparar un vídeo protagonizado polas persoas do grupo ou cantala ou dramatizala. Agora ides ver modelos de cantigas e variadas versións nas distintas entradas que enlazamos a seguir. 

Os obxectivos didácticos que se pretenden acadar con este traballo son: 

1- Protagonizar un achegamento colectivo ao esplendor da lírica galaico-portuguesa selecionando unha cantiga amorosa de amigo ou de amor.

2-  Interiorizar por parte do alumnado esa cantiga amorosa do galego-portugués medieval ata o punto de protagonizar unha montaxe audiovisual ou dramatizada na que como actores e/ou actrices trasladen na interpretación realizada e/ou gravada unha atmosfera e visión fieis dos contidos estudados que presenta a cantiga e da estética propias do texto seleccionado.

3- Realizar un exercicio ou proposta de creación ambiciosa a partir desta peza de autor medieval, unha adaptación axeitada ben pola imitación arcaizante, ben pola revisión á actualidade do seu traballo.  

4-  Amosar a participación creativa de todo o grupo. Cada grupo de alumnas/os intérpretes deben aparecer e representar un papel substancial como tal no audiovisual ou dramatización para que se lles poida valorar efectivamente como partícipes da actividade.      

Colocamos unha chea de cantigas versionadas con estilos ben diferentes para que poidades escoller a que mellor vos pareza: 

CANTIGAS DE AMIGO:  


 Letra: Ondas do mar de Vigo

Outras versións 



 Letra: Mia irmana fremosa, traides de Vigo


Letra: Sediame eu na ermida de San Simón

                                      

 




Tamén de Pero Meogo:  Fostes filla eno bailar


Letra: Eno sagrado en Vigo

Outra versión da mesma:





Letra: Banharmos emos nas ondas
  nesta cantiga mestura con Eno sagrado, en Vigo 

Letra: Mentirlhe ei


Dúas cantigas espectaculares que paga a pena preparar para unha boa dramatización: 

Leliadoura do cantautor Amancio Prada. 

As frores do meu amigo


CANTIGAS DE AMOR: Imos colgar a seguir algúns exemplos de Cantigas de amor: 


 Letra: A dona que eu amo e tenho por senhor...



 Letra: E por ela me mataram



 Letra: O que vos nunca cuidei a dizer 




 Letra:  Quand´eu vejo las ondas (Roi Fernández)

Outra versión musicada da mesma cantiga



 Entre as de AMOR E AMIGO, CASE PASTORELAS:


Tres moças cantaban de amor


 


Ua moça namorada

A do mui ben pareçer


TODAS AS CANTIGAS MUSICADAS:

 E se aínda non atopastes cantiga hai todas estas cantigas musicadas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación:

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

Os xéneros menores e o comentario das pastorelas