DERRADEIRA CLASE DO 2025
Imos coas cantigas tradicionais de Nadal:
Cantigas de Nadal ou Coplas do Nadal recollido por Alan Lomax en Soutoxuste (Redondela) en 1952 e recreada do seguinte xeito:
Imos coas cantigas tradicionais de Nadal:
Cantigas de Nadal ou Coplas do Nadal recollido por Alan Lomax en Soutoxuste (Redondela) en 1952 e recreada do seguinte xeito:
De moi ben lonxe xa vimos;
moito que andar inda falta
as forzas piden reparo,
Mollo as gorxas, e non de auga.
Chouriziños, longanizas
uña de porco, fuciño,
de xamón dúas tortillas,
con dous xerriños de viño.
Abran as portas, Señores,
que por honrados nos temos
e sabe Dios se para o ano
á porta lles cantaremos.
De cantar xa nos cansamos;
por pobres non nos desprecien,
que, s´algo os ricos non dan
os pobres mal se remexen.
Vivan e vivamos todos,
que para todos Dios dou;
Saudiñas; cante o merlo;
adiós ano que acabou.
Aninovo, benvenido,
pórtate ben para nós
e coa xente d´esta casa,
que a todos nos criou Dios.
Seguimos cos Reises en Rianxo
Comentarios
Publicar un comentario