Publicacións

DE CARA Á 1ª AVALIACIÓN

Imaxe
Indicamos a seguir sobre os contidos que imos realizar a 1ª Avaliación: libro de texto do curso - Lectura do libro O contador de estrelas , de Jaureguizar. Resumos dos capítulos e Proba de lectura e comprensión lectora día 14 de novembro. Estrutura do texto narrativo ( páx. 17) - Obradoiro de expresión :     Ortografía . Textos   e gramática textual. Realizar unha reportaxe (páxina 57 e blog) sobre a festividade de Defuntos en Galicia. - Materia da proba escrita  -Léxico : A alba da liberdade (blog). Do latín ao galego (páx 18) O tempo cronolóxico (páx 19), metereolóxico (páx. 39)./ Os medios de comunicación (páx 59). Derivación: Prefixos (páx 38) e sufixos ( páx 58). - Lingua e sociedade : Liberdade e igualdade no uso da lingua textos da unidade 0 (blog). Panorama da historia da lingua: etapas (blog e libreta). Orixe e formación do galego concepto de substrato e superestrato (páxina 20 e blog). O galego antigo (páx. 40).   Lingua e medios d...

CANTIGAS DE AMOR

Imaxe
CANTIGAS DE AMOR :  Dende a Provenza chegaron ao Reino de Galicia trobadores cantando un tipo de cantiga  " a canço " que comezaba cunha evocación á primavera e logo, posta  en boca dun home expresaba a filosofía do amor cortés, unha especie de amor idealizado onde a dama é denominada habitualmente "senhor". Este estilo de "cantigas de amor" ao imitar á canço vida de fóra  será claramente trobadoresco ou provenzalizante, pero deixaba ás veces ver algunha influencia de elementos tradicionais autóctonos como pode ser que certas composicións leven refrán. A teoría do amor cortés chegada a Compostela dende Occitania e Provenza (terras que hoxe son Francia) supón unha concepción platónica do amor que naceu no século XI cos seguintes trazos: - Total submisión do namorado á dama (de aí que se lle chame “senhor” á namorada). - A amada sempre está distante e é admirada pola súa perfección física e moral (velida e fremosa, mansa e mesurada) - A distan...

TIPOS DE CANTIGAS DE AMIGO

Imaxe
CANTIGAS DE AMIGO Definición:  Cantigas posta en boca dunha muller de temática amorosa ante a ausencia do seu amigo (namorado) Orixe: Son as cantigas máis autóctonas ou tradicionais dentro da Lírica medieval galaico-portuguesa polo seu carácter feminino e porque unha gran parte delas se desenvolven en espazos naturais abertos (mar, romarías, fonte...). Posiblemente este tipo de cantigas con elementos formais de repetición como o paralelimo, o refrán e o leixaprén formaban parte da tradición oral galaica anterior á chegada da moda cortesá trobadoresca dende Provenza que logo foron incorporados con éxito polos autores do século XIII mesturando elementos trobadorescos relacionados coa filosofía do amor cortés. De aí que as cantigas de amigo que conservamos presentan unha mestura de elementos onde conflúen trazos tradicionais e provenzalizantes.  Mais  debemos considerar tamén que o trobador autor ben podeían ser elas, as mulleres anónimas que por tradición oral cantaban ...

DEFUNTOS:

Imaxe
A romaría dos ataúdes en Sta. Marta de Ribarteme. Realizar unha reportaxe sobre a festividade dos Defuntos. Que é unha reportaxe? Podes consultar  a páxina do libro e tamén en textos xornalísticos Enlaces a consultar sobre os que xa temos traballado en cursos anteriores: - No País dos Mortos . - A tradición oral no mes de Defuntos . - Defuntos no Morrazo . Procura engadir algo máis produto da túa propia investigación sobre esa esècial relación da nosa terra, Galicia, coa morte.

As raíces da nosa lingua: Substrato e superestrato

Imaxe
Toda lingua nace da interacción da Natureza e unha comunidade humana asentada nunha terra, (de aí a importancia do lugar). Saber que unha lingua leva nas súas costas unha longa historia e que as súas raíces se afunden séculos e séculos atrás é de vital importancia para valorar o proceso creador do que somos portadores e o que suporía a súa desaparición. Fíxate nos conceptos de: - ESTRATO: Latín, a lingua base denominada habitualmente nai do galego. - SUBSTRATO: A pegada no galego das linguas previas á chegada do latín. - SUPERESTRATO: A pegada no galego das linguas posteriores ao asentamento do latín, pero previas ao nacemento do galego. Debemos tamén coñecer os distintos tipos de Substratos e Superestratos e as datas das que estamos falando. Por último, indagar un par de palabras de cada un distintos substratos e tamén dos superestratos citados. Lembra as etapas da historia da lingua galega que estudamos o curso pasado como unha panorámica e que este curso repasamos d...

TRADICIONAL E TROBADORESCO

Imaxe
O tradicional e o trobadoresco na lírica medieval galego-portuguesa En Galicia, o reino medieval máis vello de Europa, temos moitos indicios da existencia dende vello dunha tradición oral popular que crearía cantigas entre elas un tipo de canción feminina de temática amorosa , interpretada polas mesmas mulleres, tradición que, en boa medida, persistiu ata os nosos días a través das cantadeiras. Mais a literatura culta escrita en galego-portugués non comezará ata o século XIII coa chegada da moda do Lirismo Provenzal grazas ao Camiño de Santiago que trouxo a Compostela en peregrinación cos nobres occitanos as ideas do amor cortés ou trobadorismo e os seus gustos poéticos. Deste encontro entre a canción feminina tradicional e a lírica trobadoresca da Provenza comezan a escribirse as nosas cantigas en galego-portugués por autores galegos que tomando como modelos a lírica tradicional oral autóctona e o trobadorismo crearán os xéneros que hoxe coñecemos das cantigas de amigo, as ...

26 de setembro Día Europeo das Linguas

Imaxe
Lembra este poema de Manuel María neste Día Europeo das Linguas: O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós, ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén se perdemos a fala non seremos ninguén. O idioma é o amor o latexo, a verdade a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer, precisamos a lingua se queremos vencer. Cuestións sobre o poema: - Que recursos literarios destacarías? - Atendendo ao seu contido procura argumentos para explicar  se corresponde a un momento de liberdade ou de escravitude  pa...