Publicacións

DAS CANTIGAS DE AMOR

Imaxe
  Imos abordar a teoría desta tipoloxía de cantigas ben polo libro ou polo seguinte enlace:  CANTIGAS DE AMOR   Debemos facelo para poder acto seguido realizar con xeito un comentario dunha cantiga como a que colocamos a seguir:  Na seguinte cantiga de amor de ________ procura  identificar trazos do amor cortés  Senhor fremosa , pois que Deus nom quer,             submisión / fermosura da namorada nem mia ventura, que vos eu veer                     distanciamento da namorarda possa, convém-m'hoje mais a sofrer                       cuitas ou sufrimento do namorado todas las coitas que sofrer poder por vós; e quero já sempre coidar em qual vos vi, e tal vos desejar tôdolos dias em que eu viver.   E morte assi venha quando vẽer!                  ...

Comentamos unha cantiga?

Imaxe
 Para realizar un comentario non está demais ter en conta un esquema coma este:  Imos explicalo cun exemplo práctico da literatura galaico portuguesa medieval.  Que é un comentario? •        Identificar un tema central ou idea que pretende comunicar un autor e argumentar cos recursos significativos do texto esa idea escollida . •           Tamén pode ser que teñamos que   l ocalizar un autor con respecto a un texto polo seu estilo e temática . PARTES DUN COMENTARIO •        Lectura e información (se é preciso co dicionario) •        Localización (xénero, autor, obra, data e contexto social e literario) •        Interpretación ou núcleo :                 a) asunto, tema e punto de vista (lírico ou narrativo)       ...

Materia 1º avance

Imaxe
  Como nace unha lingua. - Substrato e superestrato do galego   no blog.  e na páxina 20  do libro. Regras de acentuación páx 21 e acento diacrítico páx. 41 O tempo cronolóxico páx. 19 Gramática da palabra á oración páx. 22 e 23 O nacemento da nosa literatura   O 1º espertar cultural da Gallaecia medieval (escrito en latín) Periodización da literatura galega (imaxe supra) A literatura medieval no blog e na páx. 27 e 28 Do tradicional ao trobadoresco    As cantigas de amigo   e na páx. 46.47 e 48  do libro.

Literatura Medieval galaico portuguesa: A Lírica

Imaxe
Un par de apuntamentos para completar a información do libro de texto sobre as cantigas de amigo: DO TRADICIONAL E TROBADORESCO TIPOS DE CANTIGAS DE AMIGO

O 1º ESPERTAR CULTURAL DA GALLAECIA MEDIEVAL: DE PRISCILIANO AO NACEMENTO DO GALEGO

Imaxe
 Esta panorámica convén tela presente para saber en todo momento sobre que etapa estamos traballando e cal é a súa situación con respecto as restantes na historia da lingua galega culta:   Aínda que a tradición oral dalgún xeito está reflectida no cadro superior,  non debemos perder de vista esta literatura de corte popular e ágrafa que describe, como ben sabes, unha gráfica distinta aínda que coincidente por momentos coa da literatura de tradición culta (escrita e de autor).  É por iso que adxuntamos a seguir unha gráfica específica para podela contrastar coa anterior.  Reparemos a seguir no 1º ESPERTAR CULTURAL DA GALLAECIA MEDIEVAL Tras da Romanización o mundo galaico-romano, pasará por unha etapa moi curiosa na que se sitúa á vangarda da Litetarura Culta escrita en Latín.  Ten todo isto moito que ver con Prisciliano e o movemento que xera este heterodoxo cristián tras da súa decapitación.  Logo aparece Exeria, a primeira turista da historia e ...

COMO NACE UNHA LINGUA

Imaxe
  Unha comunidade que vive nun territorio concreto ao longo dun tempo (séculos) en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares do home coa natureza.  Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioría de idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter, a forma de pensar, un patrimonio que nos fai humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen as voces que esa lingua lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais, de comprensión e interpretación do mundo, sen a súa fala, non serían ninguén....

NO CAMIÑO DA IDENTIDADE

Imaxe
  Camiño branco é o título desta poema de Rosalía de Castro e desta canción da compostelá Najla Shami.  Imos botar a andar neste curso con esta peza pensando en dar o primeiro paso deste camiño da identidade que aínda está, en gran medida, en branco, por escribir, por descubrir. A seguir o poema que dá pé a Najla a compoñer esta cantiga: Dende aquí vexo un camiño                       que non sei adónde vai;                               polo mismo que n'o sei,                               quixera o poder andar.            ...