DAS CANTIGAS DE AMOR

 


Imos abordar a teoría desta tipoloxía de cantigas ben polo libro ou polo seguinte enlace: CANTIGAS DE AMOR  Debemos facelo para poder acto seguido realizar con xeito un comentario dunha cantiga como a que colocamos a seguir:

 Na seguinte cantiga de amor de ________ procura identificar trazos do amor cortés 

Senhor fremosa, pois que Deus nom quer,            submisión / fermosura da namorada

nem mia ventura, que vos eu veer                    distanciamento da namorarda

possa, convém-m'hoje mais a sofrer                      cuitas ou sufrimento do namorado

todas las coitas que sofrer poder

por vós; e quero já sempre coidar

em qual vos vi, e tal vos desejar

tôdolos dias em que eu viver.

 

E morte assi venha quando vẽer!                             morrer por amor

Ca desejos nom hei eu de perder

da mansedume e do bom parecer                          fermosura moral e física da namorada

e da bondade, se eu bem fezer,

que em vós há; mais quer'a Deus rogar                   namorado suspirante

que me leixe meu temp'assi passar,

desejando qual vos vi, e sofrer.                                mordobre (desejos/desejando)

 

Ca em desejos é tod'o meu bem.

E dizem outros que ham mal, senhor,

desejando; mais eu filh'i sabor,

ca desejo qual vos vi e por en

vivo, ca sempre cuid'em qual vos vi

e atal vos desejei des ali

e desejarei mentr'eu vivo for.

 

Ca sem desejos nunca eu vi quem

podess'haver tam verdadeir'amor

como hoj'eu hei, nem fosse sofredor

do que eu sofr'; e esto me mantém:

grandes desejos que hei. E assi

quero viver; e o que for de mi

seja, ca esto tenh'eu por melhor:

 

desejar sempre; ca des que nom vi

vós nom vivera rem do que vivi:

senom coidando em qual vos vi, senhor.

                                                  Paio Gomez Charinho


Dúas ferramentas útiles para coñecer mellor as cantigas da lírica galaico portuguesa:

 - Unha páxina para buscar cantigas e mesmo unha breve indicación sobre o seu contido.

-  Un vocabulario que funciona como un dicionario das palabras do galego-portugués das cantigas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN