Publicacións

O 1º ESPERTAR CULTURAL DA GALLAECIA MEDIEVAL: DE PRISCILIANO AO NACEMENTO DO GALEGO

Imaxe
 Esta panorámica convén tela presente para saber en todo momento sobre que etapa estamos traballando e cal é a súa situación con respecto as restantes na historia da lingua galega culta:   Aínda que a tradición oral dalgún xeito está reflectida no cadro superior,  non debemos perder de vista esta literatura de corte popular e ágrafa que describe, como ben sabes, unha gráfica distinta aínda que coincidente por momentos coa da literatura de tradición culta (escrita e de autor).  É por iso que adxuntamos a seguir unha gráfica específica para podela contrastar coa anterior.  Reparemos a seguir no 1º ESPERTAR CULTURAL DA GALLAECIA MEDIEVAL Tras da Romanización o mundo galaico-romano, pasará por unha etapa moi curiosa na que se sitúa á vangarda da Litetarura Culta escrita en Latín.  Ten todo isto moito que ver con Prisciliano e o movemento que xera este heterodoxo cristián tras da súa decapitación.  Logo aparece Exeria, a primeira turista da historia e ...

COMO NACE UNHA LINGUA

Imaxe
  Unha comunidade que vive nun territorio concreto ao longo dun tempo (séculos) en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares do home coa natureza.  Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioría de idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter, a forma de pensar, un patrimonio que nos fai humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen as voces que esa lingua lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais, de comprensión e interpretación do mundo, sen a súa fala, non serían ninguén....

NO CAMIÑO DA IDENTIDADE

Imaxe
  Camiño branco é o título desta poema de Rosalía de Castro e desta canción da compostelá Najla Shami.  Imos botar a andar neste curso con esta peza pensando en dar o primeiro paso deste camiño da identidade que aínda está, en gran medida, en branco, por escribir, por descubrir. A seguir o poema que dá pé a Najla a compoñer esta cantiga: Dende aquí vexo un camiño                       que non sei adónde vai;                               polo mismo que n'o sei,                               quixera o poder andar.            ...

CONTIDOS: Proba de Setembro 2021

  Gramática:      -   Pronomes átonos (repaso)        -   Verbos irregulares. Léxico:       -  Tipos de topónimos  - Literatura:    - A Lírica medieval as cantigas galaico portuguesas:   Cantigas da amigo, de amor e de   escarnio/ maldicir.     - Autores Precursores: Sarmiento e Pintos.     - O Rexurdimento:     - Rosalía de   Castro ver no libro páx.218-219-220     - Eduardo Pondal páx. 238-239-240     - Manuel Curros Enríquez 258-259-260     - Eduardo Pondal versus Curros    - LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias. - Comentario de textos dos poetas antes mencionados. Podes consultar no libro 288- 289/ 292-293 - Comentario da lírica medieval. -   Comentando a Rosalía -   Comentando a Pondal -   Comentandoa Curros    

3ª AVALIACIÓN E RECUPERACIÓN DE XUÑO

Imaxe
 Contidos para esta proba: Gramática:     -  Pronomes átonos (repaso)        -  Verbos irregulares : QUERER, SABER, SER, POÑER, POR, VER, VIR - Literatura : Unidades do libro  9-10-11     - O Rexurdimento:  Rosalía de  Castro ver no libro páx.218-219-220     - Eduardo Pondal páx. 238-239-240     - Manuel Curros Enríquez 258-259-260     - Eduardo Pondal versus Curros      - LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias .  - Comentario de textos dos poetas antes mencionados. Podes consultar no libro 288- 289/ 292-293   Comentando a Rosalía   Comentando a Pondal   Comentando a Curros PARA RECUPERAR EN XUÑO A base será a da 3ª avaliación e ademais as seguintes preguntas da 2ª Avaliación e da 1ª Avaliación: - A Lírica medieval as cantigas galaico portuguesas:  Cantigas da amigo, de amor e de escarnio/ maldicir. - Autores Precursores: Sarmiento e Pintos. 

PONDAL versus CURROS

Imaxe
 Dous poetas que a pesar de Rosalía gozan dunha difusión ampla por motivos ben distintos aínda que como consecuencia de representar facetas distintas, pero complementarias da dignificación de Galicia e do galego no que se dá en chamar Rexurdimento Pleno. Ambos son dous referentes imprescindibles da lirica do XIX. Establecemos entre  eles unha certa comparación ou contraste que resulta aínda máis completa se temos presente á vez a obra de Rosalía que xa estudamos. EDUARDO PONDAL: “eu nacín cabo de pinal espeso, eu nacín na pequena Ponteceso ” •        Vida: (Ponteceso 1835- A Coruña 1917) fillo de fidalgos. Estuda no “ Liceo de la Juventud”  en Santiago qu eo pon en contacto coa intelectualidade progresista de Galicia,  Aurelio Aguirre, Murguía  e Rosalía participando do Banquete de Conxo (confraternización entre estudantes e artesáns) Pondal naceu en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835. En 1856 asiste ao Banquete do Conxo. En 1860 r...

CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño

Imaxe
  Quen é Roberto Vidal Bolaño?  Roberto Vidal Bolaño un home de teatro Entrevistas a Roberto vidal na TVG Criaturas a súa última creacción, Premio Max de Teatro  2001 Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Iniciouse no mundo do teatro da man do grupo Antroido, co que representou as súas primeiras obras. Participou con este grupo nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), e nelas deuse a coñecer como dramaturgo e como escenógrafo. Desde 1978 dedicouse profesionalmente ao teatro. Foi un dos primeiros directores en participar no teatro institucional pondo en escena, en colaboración co Centro Dramático Galego, en 1984, a súa obra “Agasallo de sombras”. Tamén se internou no terreo do audiovisual facendo guións para Televisión de Galicia e para Televisión Española, como Malos Tratos, N...