PONDAL versus CURROS



 Dous poetas que a pesar de Rosalía gozan dunha difusión ampla por motivos ben distintos aínda que como consecuencia de representar facetas distintas, pero complementarias da dignificación de Galicia e do galego no que se dá en chamar Rexurdimento Pleno. Ambos son dous referentes imprescindibles da lirica do XIX. Establecemos
entre  eles unha certa comparación ou contraste que resulta aínda máis completa se temos presente á vez a obra de Rosalía que xa estudamos.


EDUARDO PONDAL:“eu nacín cabo de pinal espeso, eu nacín na pequena Ponteceso

       Vida: (Ponteceso 1835- A Coruña 1917) fillo de fidalgos. Estuda no “Liceo de la Juventud”  en Santiago qu eo pon en contacto coa intelectualidade progresista de Galicia,  Aurelio Aguirre, Murguía  e Rosalía participando do Banquete de Conxo (confraternización entre estudantes e artesáns) Pondal naceu en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835.
En 1856 asiste ao Banquete do Conxo. En 1860 remata os seus estudos de Medicina e en 1862 aparece no Álbum de la Caridad o seu primeiro poema galego: A campana de Anllóns.
En 1863 ingresa no Corpo de Sanidade Militar, que deixa ao pouco tempo, abandonando a medicina para se dedicar só á poesía.

       En 1867 coñece, por medio de Murguía, os poemas ossiánicos de James Macpherson. A partir de aquí, Galicia empezará a ser o eixe da súa poesía e el converterase no bardo do pobo galego.
Na Cova Céltica, Pondal era considerado o Bardo, pois estes homes compartían o amor á fala e a cosmovisión poética de Pondal.

        Publica pouco polo seu afán perfeccionista. En 1886 publica Queixumes dos pinos, colección de 21 poemas que están escritos todos en galego agás dous deles.

       Outra obra de Pondal é Os Eoas que é un poema épico no cal se enxalza a conquista de América por parte do pobo ibérico, unha versión de Os Lusíadas de Camoens, pero acorde coas correntes masónicas pregaleguistas polo que se resiste a publicala. Pondal morre no ano 1917 na Coruña.

Características  temáticas da súa poesía

Poesía cívica- patriótica:

       Ossianismo: Copia de Macpherson o sentimento da Terra unido ao heroico

A partir do descubrimento, en 1867, dos poemas de Ossián (falso poeta celta do século III, creado polo poeta prerromántico Macpherson, no século XVIII), Pondal xirará en torno a un único tema central na súa produción poética: Galicia é a patria celta e el o bardo, o poeta da patria galega, autoenxalzado como home superior ao resto da tribo, pois el é a consciência.

       Bardismo: El é un vate memoria do pasado e que dirixe ao pobo no “despertar” un camiño superador do presente cara a un futuro glorioso.

       Helenismo: Ton épico e referencias a virilidade rexa e forte espartana)

       Celtismo: Introduce a Breogán e os topónimos célticos como heroes., referentes do pasado heroico de Galicia.

Poesía Lírica:

       Machismo: Insiste a cousificación da muller como presa do home e a súa debilidade.

O Galego e o estilo de Pondal:

       O galego era para el a lingua antiga que revelaba o pasado e a natureza. A lingua da Galicia celta, da que non coñecía o cristianismo, da anterior á romanización, da Galicia rústica onde a paisaxe e os seres que a poboaban cobran vida propia.

       Ademais esta lingua antiga é o escudo contra o avance do castelán e o maior sinal de identidade do pobo galego, porque é o elo que une a Galicia co seu pasado máis nobre. Como lingua de Breogán, o galego de Pondal, sostén X. L. Méndez Ferrín, practica a virtude dunha dición rigorosa e sabia, divórciase das formas lingüísticas máis familiares, arróupase brillantemente de cultismos, procura perífrases clásicas…

       Teñen um fondo clásico:  O abundante uso de cultismos, a ansia de perfeccionismo estilístico, os moldes versificadores, o modelo épico, o ton asseverativo, os epítetos e o uso das esdrúxulas, ademais do tratamento do mundo rural, o tratamento da muller…

 TEXTOS DE PONDAL

OS PINOS, o  poema que  logo foi o Himno Galego.

Outros textos.


MANUEL CURROS ENRÍQUEZ. 


   Vida: Celanova 1851- A Coruña 1908. Non se levaba co seu pai e aos 15 anos vaise para Madrid como xornalista e ambientes intelectuais. Regresa a Galicia a Ourense  publicando Aires da miña terra que provoca unha polémica da que resulta absolto por ataques contra a relixión católica.  A súa ideoloxía claramente progresista queda tamén reflectivda no seu libro O divino sainete (un longo poema narrativo no qu edescribe unha viaxe a Roma do poeta acompañado de Añón nun tren de sete vag´nas cada un asociado a un pecado capital no que aparecen e critica a personaxes da política e a sociedade da época). Logo volve a Madrid a Cuba e volve a Galicia sendo impulsor da Academia galega. Unha demostración do popular que era foi o seu enterro que congregou na Coruña a unhas 40.000 persoas. 



Características temáticas da súa poesía

Poesía cívica- patriótica:

       - Denuncia dos problemas dos labregos e das diferencias sociais. “Na chegada da locomotora a Ourense”

Poesía costumista:

       - Retrata cadros de costumes que adoitan por veces incluír a denuncia como é o caso do seu poema  “O maio” 

Poesía intimista:

-          Uns poucos poemas  de corte persoal e lírico dedicados a súa nai e o necemento do seu fillo, pero tam´ne seguindo a estela de Rosalía poemas como “A Rosalía” sobre a soidade da autora.

       Poesía narrativa: O Divino Sainete 

O Galego e o estilo de Curros

       O galego de Curros é popular como o de Rosalía procura unha proximimidade co pobo galego.  Depura castelanismo, usa o galego da súa terra natal de Celanova.

       Un estilo sinxelo e claro que contrasta co de Pondal, que semella ao de Rosalía achegándose aos recursos habituais da tradición oral comparacións, antíteses no tocante ao contido, e paralelismos, anáforas figuras de repetición formais.

       Destavamos duas características máis. O gusto polo simbolismo as alegorías metafóricas por exemplo da locomotora como símbolo do Progreso fronte ao inmobilismo da Catedral de Pedra (que redunda no seu recorrente anticlericalismo).

 TEXTOS DE CURROS

Na chegada da locomotora a Ourense

Dous poemas de Curros




Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN