Publicacións

COMENTAMOS UNHA CANTIGA?

Imaxe
  Que é un comentario de texto? IDENTIFICAR E ARGUMENTAR O SEU TEMA CENTRAL  Identificar e argumentar o tema ou a idea central dun texto literario a partir da análise dos seus recursos estilísticos (de contido semántico, os de carácter formal, mesmo os fonolóxicos, especialmente se falamos dun texto lírico) e tendo sempre moi presnete o contexto cultural, histórico e social do mesmo. Bótalle unha ollada ao esquema dun comentario de textos: A cuestión do autor/a? IDENTIFICAR O AUTOR/A  Hai comentario que nos esixen que asociemos o texto a un autor ou a unha corrente literaria. Tam´ne pode haber ocasións nas que se nos informe sobre o autor/a e contemos con ese dato para comezar o noso comentario.  Non é pouco importante coñecer o autor ou autora do texto, polo que isto significa á hora de datar e contextualizar ese texto no conxunto da súa obra escrita como para localizar o noso comentario nun determinado contexto literario e a época na que foi composto.   COMENT...

LEMOS EN GALEGO

Imaxe
  O Plan Lector lévanos habitualmente a coñecer e ler sobre un autor actual e novelas tamén ambientadas nos nosos tempos. Imos coñecer a un autor novo Héctor Cajaraville a través do título: O Segredo da Casa de Formoso.  Escoitemos ao autor falándonos da novela:   Como vén sendo norma, lemos resumimos os seus 15 capítulos (capítulo a capítulo) e faremos unha proba de lectura a finais de novembro o día 26 de novembro.  Trátase dun argumento sinxelo, pero que require unha pouca de información de cal foi a verdadeira Guerra Civil que se viviu en Galicia, é dicir, máis que unha guerra houbo un proceso bestial de represión dos vencedores sobre os vencidos que ademais de asasinatos atroces provocou grandes abusos. Isto pode verse na trama desta novela sen chegar a centrarse de xeito exclusivo nesta trama. A importancia que ten asunto para a novela é semellante a espazo que se lle dedica a explicar o segredo, nin máis nin menos. Convén pois consultar unha serie de termo...

PARA A PROBA 1º AVANCE

Imaxe
 UNIDADE 0: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE - Como nace unha lingua ?   no libro na páxina 20. - Panorámica da Historia da Lingua: no libro páx. 26   no blog do curso pasado UNIDADE 1: A LÍRICA MEDIEVAL (TRADICIONAL E TROBADORESCO) LITERATURA:  - A nosa literatura medieval no libro páx 27 e 28  e no blog Tradicional e Trobadoresco. - A cantiga de amigo  no libro páx. 46,47 e 48 e no blog Tipoloxía das cantigas. O NOME DAS COUSAS: -O léxico do galego páx. 18  ampliado cos conceptos: étimos latinos e os seus pares léxicos: palabras cultas e patrimoniais, ademais de semicultismos (observa a imaxe cun exemplo) O tempo cronolóxico  páx. 19 ORTOGRAFÍA: As regras de acentuación páx. 21 GRAMÁTICA: Da palabra á oración páx, 22 e 23 EXPRESIÓN. O texto e as súas propiedades páx. 25

AS NOSAS CANTIGAS MEDIEVAIS E O SEU COMENTARIO

Imaxe
Como ben sabedes este acuros a demais de coñecer máis polo miúdo distintas épocas da nosa literatura imos abordar o comentario de textos. Un texto medieval polas súas peculiaridades ( léxico da época, estética e modas que nos son en principio alleas) precisa  unha serie de indicacións previas para poder comentalo. Imos destacar primeiramente os seguintes aspectos:  - Tradicional e Trobadoresco na Lírica Galaico-Portuguesa. - Tipoloxía das Cantigas de Amigo - Comentando as cantigas. - As Cantigas de amor. - As Cantigas de Escarnio e Maldicir - A Lírica relixiosa - Os xéneros menores.

O nacemento da lingua e as súas raíces

Imaxe
  Toda lingua, como ser vivo que é ten unha data de nacemento.  Nace da interacción da Natureza e unha comunidade humana asentada nunha terra, semella no seu proceso de nacemento en certa forma a unha planta que nace dunha semente ( a do latín para o caso do galego-portugués), máis que un parto animal, (de aí a importancia do lugar da terra onde nace). Saber que unha lingua, coma unha árbore centenaria, leva nas súas costas unha longa historia anterior ao nacemento e que as súas raíces se afunden séculos e séculos atrás é de vital importancia para valorar o proceso creador do que somos portadores e o que suporía a súa desaparición.  Fíxate nos conceptos básicos de: - ESTRATO: Latín, a lingua base denominada habitualmente nai do galego, o máis parecido a unha semente. A esencia do galego un 80% do seu léxico é latino. - SUBSTRATO: A pegada no galego das linguas previas á chegada do latín. - SUPERESTRATO: A pegada no galego das linguas posteriores ao asentamento do latín, p...

ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE

Imaxe
  O lema deste ano co que imos traballar e que ademais nos vai servir de motor ao longo do curso é: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE!   Trátase realmente de CONSTRUÍR A NOSA RESPONSABILIDADE. A responsabilidade de todos como un labor individual á vez de colectivo. Implica ter clara a igualdade de dereitos, a importancia dos deberes nun mundo complexo rico en diversidade. Somos diferentes en cultura, pero abordamos unha tarefa esencial en común a de compartir un planeta e manter viva a nosa identidade.   Apelar á sensatez nestes tempos de pandemia non pode facer invisible outras cousas das que tamén somos responsables. Bótalle unha ollada ao vídeo: Responde as seguintes cuestións sobre o vídeo procurando argumentar como corresponde a un alumno/a de 3º da ESO: Cantas linguas hai no mundo? Imos perdendo ou gañando linguas? Por que son tan fráxiles as linguas? Por que é imprescindible "espertar"? E xa postos dado que estamos pendentes da COVIB-19 falemos de CONTAXIO: ...

PROBA DE SETEMBRO

Preparar a proba escrita prevista para 1 de setembro ás 10.00 horas sobre: 1-        GRAMÁTICA:  - Tipos de palabras (anexo do 1º (páx.94-103) e 2º trimestre: 190-191). - Colocación de pronomes átonos e conxugación de verbos (na libreta ou no blog ). Exercicios prácticos sobre:   - A colocación pronomes átonos ( repaso 2 ªavaliación no blog ).  - Verbos irregulares (ver páx. do anexo ao tomo do terceiro trimestre ou no noso blog ).  - Adverbios, preposicións e conxuncións (anexo do 3º trimestre). 2-        LITERATURA:   - Períodos da literatura galega (tema 1 do libro). No blog:  Substrato e Superestrato  do galego. - Lírica MEDIEVAL. No libro páx. 26, 27 e 28/ 46, 47 e 48/ 66, 67 e 68/ 86,87 e 88 e no blog:   - Tradicional e trobadoresco - Cantigas de amigo - Cantigas de amor - Cantigas de escarnio e maldicir - Cantigas relixiosas - Xéneros menores ...