Publicacións

Proposta de lectura para a 2ª e 3ª avaliacións

Imaxe
A adolescencia é unha etapa crucial xa que nesta banda de idade é cando se produce a opción lingüística que logo tenderá a perpetuarse. Van dedicadas estas páxinas a vós rapaces e rapazas da ESO. Trátase dun texto que procura combater as simplificacións e os prexuízos vixentes aínda no século XXI, opinións lingüísticas baseadas en xuízos erróneos de poderosa inercia que malia estaren superadas, demostrada a súa falsidade, seguen tendo un eco notable na opinión pública de hoxe, especialmente entre os sectores máis novos da sociedade, unha das razóns da perda de falantes entre a mocidade. O futuro do galego está na xente nova, sodes os falantes do mañá, a continuidade da lingua está condicionada porque a acollades conservedes e usedes libres de simplificacións e prexuízos. As ideas e opinións sobre a lingua galega que temos os galegos son moi variadas. Tamén é verdade que moitas veces as opinións que posuímos non son nosas, son prestadas. Adoptamos a que soe ser maioritaria ou que ...

ENCONTRO CO AUTOR JAUREGUÍZAR

Imaxe
                                         Lectura realizada no curso de 3º da ESO. Pequena reportaxe da estancia de Jaureguízar no blog da biblioteca .

AS CANTIGAS DE ESCANIO E MALDICIR

Imaxe
A Arte de Trovar que se conserva no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Este cancioneiro, descuberto no século XIX en Italia e que mercou o Estado Portugués, é o máis completo dos tres cancioneiros que conservamos ( 1600 cantigas dos distintos tipos). Presenta un tratado de poética ( Arte de Trovar) que estuda eses diversos tipos de composicións e os trazos formais que as caracterizan. Das cantigas de escanio e maldicir esta Arte de Trovar da época di: " Cantigas d´escarneo son aquelas que os trobadores fan querendo dizer mal dalguén nelas, e dizen-lho per palavras cubertas (que teñen dúas interpretacións) ... e estas palabras chaman os clérigos equivocatio. E estas cantigas pódense fazer ben de refrán ou mestría (sen refrán) . Cantigas de maldizer son aquelas que fan os trobadores descubertamente. Nelas entran palabras que queren dizer mal e non aver outro entendimento senon aquel que queren dizer abertamente." Vexamos logo un par de exemplos para dis...

DE CARA Á 1ª AVALIACIÓN

Imaxe
Indicamos a seguir sobre os contidos que imos realizar a 1ª Avaliación: libro de texto do curso - Lectura do libro O contador de estrelas , de Jaureguizar. Resumos dos capítulos e Proba de lectura e comprensión lectora día 14 de novembro. Estrutura do texto narrativo ( páx. 17) - Obradoiro de expresión :     Ortografía . Textos   e gramática textual. Realizar unha reportaxe (páxina 57 e blog) sobre a festividade de Defuntos en Galicia. - Materia da proba escrita  -Léxico : A alba da liberdade (blog). Do latín ao galego (páx 18) O tempo cronolóxico (páx 19), metereolóxico (páx. 39)./ Os medios de comunicación (páx 59). Derivación: Prefixos (páx 38) e sufixos ( páx 58). - Lingua e sociedade : Liberdade e igualdade no uso da lingua textos da unidade 0 (blog). Panorama da historia da lingua: etapas (blog e libreta). Orixe e formación do galego concepto de substrato e superestrato (páxina 20 e blog). O galego antigo (páx. 40).   Lingua e medios d...

CANTIGAS DE AMOR

Imaxe
CANTIGAS DE AMOR :  Dende a Provenza chegaron ao Reino de Galicia trobadores cantando un tipo de cantiga  " a canço " que comezaba cunha evocación á primavera e logo, posta  en boca dun home expresaba a filosofía do amor cortés, unha especie de amor idealizado onde a dama é denominada habitualmente "senhor". Este estilo de "cantigas de amor" ao imitar á canço vida de fóra  será claramente trobadoresco ou provenzalizante, pero deixaba ás veces ver algunha influencia de elementos tradicionais autóctonos como pode ser que certas composicións leven refrán. A teoría do amor cortés chegada a Compostela dende Occitania e Provenza (terras que hoxe son Francia) supón unha concepción platónica do amor que naceu no século XI cos seguintes trazos: - Total submisión do namorado á dama (de aí que se lle chame “senhor” á namorada). - A amada sempre está distante e é admirada pola súa perfección física e moral (velida e fremosa, mansa e mesurada) - A distan...

TIPOS DE CANTIGAS DE AMIGO

Imaxe
CANTIGAS DE AMIGO Definición:  Cantigas posta en boca dunha muller de temática amorosa ante a ausencia do seu amigo (namorado) Orixe: Son as cantigas máis autóctonas ou tradicionais dentro da Lírica medieval galaico-portuguesa polo seu carácter feminino e porque unha gran parte delas se desenvolven en espazos naturais abertos (mar, romarías, fonte...). Posiblemente este tipo de cantigas con elementos formais de repetición como o paralelimo, o refrán e o leixaprén formaban parte da tradición oral galaica anterior á chegada da moda cortesá trobadoresca dende Provenza que logo foron incorporados con éxito polos autores do século XIII mesturando elementos trobadorescos relacionados coa filosofía do amor cortés. De aí que as cantigas de amigo que conservamos presentan unha mestura de elementos onde conflúen trazos tradicionais e provenzalizantes.  Mais  debemos considerar tamén que o trobador autor ben podeían ser elas, as mulleres anónimas que por tradición oral cantaban ...

DEFUNTOS:

Imaxe
A romaría dos ataúdes en Sta. Marta de Ribarteme. Realizar unha reportaxe sobre a festividade dos Defuntos. Que é unha reportaxe? Podes consultar  a páxina do libro e tamén en textos xornalísticos Enlaces a consultar sobre os que xa temos traballado en cursos anteriores: - No País dos Mortos . - A tradición oral no mes de Defuntos . - Defuntos no Morrazo . Procura engadir algo máis produto da túa propia investigación sobre esa esècial relación da nosa terra, Galicia, coa morte.