Publicacións

Proba 2º Avance

 LITERATURA OS XÉNEROS MENORES  A Pastorela, a Tenzón e o Pranto  páx. 122-123 As Cantigas de Santa María. 124-125 COMENTARIO DE TEXTO - As Pastorelas  - As Cantigas de Santa María   Repaso dos conceptos para o comentario: Tradicional e trobadoresco. GRAMÁTICA  REPASO: Verbo en Galego Verbos Regulares Verbos Irregulares PLAN LECTOR REBELDES (proba de lectura e comentario) 

Tanxugueiras e a lírica medieval.

Imaxe
Comezamos o ano 2022 cunha actividade de creación sobre a que tamén poder debater. Ten algo que ver o grupo de pandereteiras que se posicionan como candidatas para o Festival de Eurovisión, representando ao Estado Español co fenómeno da Lírica medieval galaico-portuguesa? . A resposta a esta pregunta será logo o tema co que iniciamos o curso tras das vacacións de Nadal, repasando o que xa sabemos da Lírica medieval e unha cuestión de plena actualidade. O primeiro punto para esta avalición podes gañalo procurando logo unha exposición ben estruturada que responda a esta pregunta.  Para saber  máis sobre o grupo podedes consultar nas redes  na súa páxina oficial quen son e que fan Tanxugueiras  e outras moitas que podes atopar:  No Alalá 218 No Luar da TVG Malquerencia video clip directo Contrapunto Vídeo da actuación na semifinal: Na mentres esta exposición non chega imos seguir avanzando no noso coñecemento da lírica medieval. Tócanos abordar:  Os  deno...

Unha lectura para este Nadal: Rebeldes de Susan E. Hinton

Imaxe
 Trátase dunha famosa novela traducida ao noso idioma que servirá de pretexto para comezar o novo ano lendo en galego. A autora Susan E. Hinton retrata o mundo das bandas rivais das rúas de Nova Iork.  A brimos esta caixa de Pandora logo e xa veremos como nos desenvolvemos como lectores nestes ambientes cargados de violencia, conflitos familiares, ausencia de futuro na que sempre existe unha trémula esperanza.  Como xa comentamos haberá unha proba de lectura á que haberá que presentarse cos resumos escritos a man de cada capítulo da novela. A proba terá como finalidade analizar a estrutura e elementos do texto narrativo lido e valorar fundamentalmente a comprensión lectora e a expresión escrita dos alumnos/as. Todo un achegamento á crítica literaria. Boa lectura! 

SOBRE A 1ª AVALIACIÓN

 UNIDADE 2  A Noticia p-ax. 37  Léxico: Os prefixos derivación páx. 38    O tempo Metereolóxico páx, 39 O galego antigo das cantigas medievais páx. 40 e prácticas e traballo co léxico na aula e/ou no blog O acento diacrítico. páx 41 Frase nominal e preposicional 42-43 Cantigas de amigo ( tipos e comentario sobre tradicional e trobadoresco no blog ) páx. 48-49 UNIDADE 3 A reportaxe  57 Léxico: A derivación sufixos pax. 58.  Os medios de comunicación páx 59  Lingua e sociedade: Os medios de comunicación e o galego  páx. 60  Ortografía: O uso de punto, coma e punto e coma (As Maiúsculas-I falta grave no presente exame).  Frases substantivas, adxectivas e adverbiais (analise 62 e 63 repaso)  Literatura:  Cantigas de amor  páx. 66, 67 e 68  (ver no blog a teoría do amor cortés )  UNIDADE  4 Literatura: As cantigas de Escarnio e Maldicir 86. 87 e 88 ( ver no blog tamén ) 

AS CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR

Imaxe
  A  "Arte de Trovar" que se conserva no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa é un tratado de poesía medieval moi interesante. Este cancioneiro, descuberto no século XIX en Italia e que mercou o Estado Portugués, é o máis completo dos tres cancioneiros que conservamos (1600 cantigas dos distintos tipos). Presenta un tratado de poética ( Arte de Trovar) que estuda eses diversos tipos de composicións e os trazos formais que as caracterizan. Das cantigas de escanio e maldicir esta Arte de Trovar da época di: " Cantigas d´escarneo son aquelas que os trobadores fan querendo dizer mal dalguén nelas, e dizen-lho per palavras cubertas (que teñen dúas interpretacións)... e estas palabras chaman os clérigos equivocatio . E estas cantigas pódense fazer ben de refrán ou mestría (sen refrán). Cantigas de maldizer son aquelas que fan os trobadores descubertamente. Nelas entran palabras que queren dizer mal e non aver outro entendimento senon aquel que queren dizer aber...

DAS CANTIGAS DE AMOR

Imaxe
  Imos abordar a teoría desta tipoloxía de cantigas ben polo libro ou polo seguinte enlace:  CANTIGAS DE AMOR   Debemos facelo para poder acto seguido realizar con xeito un comentario dunha cantiga como a que colocamos a seguir:  Na seguinte cantiga de amor de ________ procura  identificar trazos do amor cortés  Senhor fremosa , pois que Deus nom quer,             submisión / fermosura da namorada nem mia ventura, que vos eu veer                     distanciamento da namorarda possa, convém-m'hoje mais a sofrer                       cuitas ou sufrimento do namorado todas las coitas que sofrer poder por vós; e quero já sempre coidar em qual vos vi, e tal vos desejar tôdolos dias em que eu viver.   E morte assi venha quando vẽer!                  ...

Comentamos unha cantiga?

Imaxe
 Para realizar un comentario non está demais ter en conta un esquema coma este:  Imos explicalo cun exemplo práctico da literatura galaico portuguesa medieval.  Que é un comentario? •        Identificar un tema central ou idea que pretende comunicar un autor e argumentar cos recursos significativos do texto esa idea escollida . •           Tamén pode ser que teñamos que   l ocalizar un autor con respecto a un texto polo seu estilo e temática . PARTES DUN COMENTARIO •        Lectura e información (se é preciso co dicionario) •        Localización (xénero, autor, obra, data e contexto social e literario) •        Interpretación ou núcleo :                 a) asunto, tema e punto de vista (lírico ou narrativo)       ...