Publicacións

PARA DESPOIS DAS VACACIÓNS... Toponimia, lectura e comentarios

Imaxe
   Nos próximos días abordaremos: Toponimia de Marín : Localizamos nun mapa 10 ou máis microtopónimos próximos ao lugar onde vivimos. Podes usar o enlace no blog específico. Rematamos coa lectura de Made in Galiza para despois das vacacións realizaremos unha proba de lectura con estes textos como protagonistas: CURTAMETRAXE  NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS  UNHA PALABRA COMÚN O LADRóN DE PALABRAS MADRITH O PAÍS QUE FALABA LABORATORIOS SOCIAIS DE SOCIOLINGÜÍSTICA ÁS VECES SINTO QUE NO MEU PAÍS FALTAN PALABRAS EU NUNCA SEREI YO PARACAÍDAS COMENTARIO DE TEXTOS : QUE É UN COMENTARIO DE TEXTO LITERARIO?   Un comentario dun texto literario é unha interpretación que se fai sobre unha obra en prosa ou en verso dun autor/a. Esa interpretación parte do tema ou idea central que, o que comenta, argumenta tras da lectura do mesmo seguindo unha análise das distintas características ou trazos que presenta ese texto.   ESQUEMA PARA A REALIZACIÓN DUN COMENTARIO Para face...

ENTRE A POESÍA E O TEATRO

Imaxe
 Como celebramos  un Día da Poesía xa pasado (21 de marzo) e  outro Día do Teatro por chegar (27 de marzo).  Tivemos con nosoutro/as á autora Lara Dopazo Ruibal por ser muller e autora ... e por apartarse algún tanto ...das vulgares preocupacións  coas que se pretende manchar o meu país    Rosalía de Castro (Dedicatoria de  Cantares Gallegos)   O obxectivo co que programamos este encontro é realizar, a partir duns textos propostos pola mesma Lara Dopazo,  unha reflexión práctica sobre a Literatura galega no momento actual baixo a mirada atenta e distinta dunha muller e autora.  Emulando as palabras de Rosalía na súa coñecida dedicatoria a Fernán Caballero, quixeramos actualizar a visión dos nosos alumnos/as sobre a literatura de noso. Será un encontro que parta como un club de lectura ao uso dun tríptico de composicións, un poema poderoso e dous relatos, un marabilloso e conmovedor e outro intrigante e fluído: OS LOBOS NA CA...

De cara á 2º Avaliación

Imaxe
 Unidade 6  Literatura : PROSA MEDIEVAL 142,143,144  e no blog:  Da prosa medieval a Rosalía: A tradición oral e  O 1ºEspertar cultural de Galicia , no blog. Léxico   Palabras patrimonias e cultas 134 Libros e bibliotecas. páx 135  50 PEIXES DA PRAZA DE ABASTOS: Cales son os pataghullos? Ortografía do " b" 137 Gramática : Claúsulas coordinadas 138-139 Repaso de pronomes persoais tónicos e átonos. Colocación .(ver no blog de 2º ESO).  Unidade 7   Léxico : Familias léxicas regulares e irregulares pax. 154   Do latín ao galego no blog.    As novas tecnoloxías páx 155  Ortografía uso do "v"   Gramática:   Claúsulas subordinadas substantivas. Literatura ; SARMIENTO, Primeiro autor da Literatura Galega Contemporánea   e na páx. 164 

Do latín ao galego

Imaxe
 Tras coñecer polo libro de texto as palabras patrimoniais e cultas e como hai procesos na evolución do galego que provocan familias léxicas irregulares como poden ser:  A perda no século X dos eles intervocálicos, ou no século XI-XII dos -n- entre vogais ( páx. 154) Imos coñecer algúns trazos máis característicos da evolución do latín ao galego.  Tamén imos fixarnos nos novos usos da grafía  X  que se fai moi recorrente e que provoca novos ditongos na evolución do latín ao galego:  Cuestións: 1- No primeiro cadro organiza en trazos conservadores e innovadores. 2- Procura algún exemplo máis de cada un dos trazos.   Apuntamento:

Da prosa medieval a Rosalía

Imaxe
 Da prosa medieval a Rosalía hai un longo percorrido e á vez hai un fío de comunicación que une ambos fitos da literatura galega. Imos realizar este percorrido como se partísemos unha laranxa en dúas partes, unha mirando ao pasado e outra ao futuro da lingua. Códex Calixtinus A prosa medieval galego-portuguesa non ten o esplendor da lírica, pero agocha verdadeiras sorpresas non pouco importantes para a literatura galega e mesmo para outras literaturas peninsulares. Falamos de que posiblemente entre os textos perdidos se atopaba, como indican os estudosos, os precedentes da novelas de cabaleirias máis antigos da Península Ibérica (unha posible primeirra tradución do Amadís de Gaula, por exemplo).  Como non podía ser doutra forma nesta prosa documentados os famosos ciclos de Bretaña , o Clásico e o Carolinxio (de como se lle aparece a Carlomagno o apóstolo Santiago) que algunhas clasificacións denominan de non ficción haxiográfica. Ademais hai unha prosa historiografía releva...

MADE IN GALIZA (COMEZAMOS COA LECTURA)

Imaxe
  UNHA LECTURA DISTINTA Trátase dun libro un tanto especial, ademais de ser un texto literario e tratalo como tal, é dicir, unha obra para ler, saborear os relatos e/ou comentalos, tamén imos traballar a partir da lectura aspectos relacionados coa sociolingüística e a creación de textos de diversa índole.  Ao ser un libro de relatos independentes marcaremos un ritmo de lectura en función dos temas que vaiamos abordando sen seguir a orde na que aparecen na edición.  Procuraremos facer da lectura deste libro unha experiencia singular ao tentar levarla ao terreo da expresión oral en ocasións ou  á dramatización e a manexo das TIC en galego, etc... a medida que vaiamos traballando os seus textos na aula.  Veremos como resulta. Para a introdución-presentación desta lectura botaremos man dun pequeno vídeo: Imos seguir unha orde distinta á da aparición dos relatos no libro: EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE CASTELAO Con que autor/a galego quero eu facer unha ouigha?...

Cara ao 2º AVANCE

Imaxe
LÉXICO - A composición páx. 78 - A paisaxe mariña páx. 79 GRAMÁTICA - Cláusulas simples e complexas páx. 82 - Funcións sintácticas páx. 83 - REPASO: Clases de palabras monográfico páx. 94-103.  Comezamos polos substantivos ,  que manteñen unha relación grande cos adxectivos e  artigos (contraccións). ORTOGRAFÍA - O uso dos dous puntos, os puntos suspensivos e a raia pax. 81 LITERATURA - As Cantigas de Santa María de Afonso o Sabio. - Os Xéneros Menores   LINGUA E SOCIEDADE - A variación lingüística: os niveis páx 80.