CONTIDOS 3ª Avaliación:
A 3ª avaliación contará cunha proba escrita na semana do 19 de maio, unha serie de comentarios de textos dos autores do Rexurdimento que realizaremos despois da proba escrita e unha lectura do Plan Lector dun texto teatral coa súa correspondente proba de comprensión e análise do texto.
LITERATURA
DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO. SARMIENTO No libro as páxina 214.
OS PRECURSORES DO REXURDIMENTO páxina 193.
Sarmiento, Xoán M. Pintos, Francisco Añón e Antonio Fdez Morales.
ROSALÍA DE CASTRO no libro de texto páxinas 240, 241 e 242, ademais ler os textos dos exercicios das páxinas 243 á 247.
- Estrutura e temáticas do seus libros
- Lingua e estilo
EDUARDO PONDAL E CURROS ENRÍQUEZ no libro de texto leremos as biografías, pero estudamos singularmente: Obra literarria, lingua e estilo. Principais eixes temáticos e ideolóxicos nas páxinas seguintes:
- para Eduardo Pondal 288, 289 e 290 (ademais ler os textos dos exercicios páxinas 291 á 295)
- para Curros Enríquez 264, 265 e 266 (ademais ler os textos dos exercicios páxinas 267 á 271)
Textos destes autores para identificar características de estilo e autoría: Para estes exercicios fundamental ler e analizar os textos incluídos nas páxinas antes citadas e nos exercicios do libro de texto dos autores do Rexurdimento ademais da selección realizada no blog da materia.
GRAMÁTICA
- Repaso dos pronomes persoais átonos.
LINGUA E SOCIEDADE: LETRAS GALEGAS 2025
isto de verdade que non é normal. Non hay ninguen que se estudie esto ;(
ResponderEliminarse cantamos unha cancion en galego podesnos aprobar??? porfis porfis :((((((
ResponderEliminar