OS CONTRASTES DO REXURDIMENTO: Curros e Pondal

 Manuel Curros Enríquez
 






Eduardo Pondal







Despois de coñecer algo mellor a Rosalía toca establecer semellanzas e diferenzas entre os outros dous grandes autores do Rexurdimento Pleno. falamos de Manuel Curros Enríquez, máis próximo a Rosalía, e de Eduarco Pondal, poeta que como veremos procura un estilo ben distinto do de Rosalía e do de Curros Enríquez. 

O Rexurdimento é unha corrente literaria caracterizada , por unha banda, de poesía cívica ou social na que coinciden os tres poetas. Tamén coinciden na preocupación pola Terra, pola dignificación de Galicia, a exaltación da paisaxe e os costumes e, como non, da lingua galega, pero os contrastes son notables entre eles como veremos. Curros resulta ser máis optimista e directa que Rosalía na súa mirada cara ao futuro baixo unha óptica anticlerical e profundamente crítica cos poderes caciquís e relixiosos da súa época. Comparte con ela o gusto polo popular e a linguaxe sinxela, achegada ao pobo. Pondal, pola contra, elabora un discurso máis simbólico que o leva a un estilo épico e rotundo, un léxico culto que o afasta da linguaxe vulgar, usando por veces unha linguaxe claramente sexista e patriarcal que contrasta evidentemente coa mensaxe feminista de Rosalía.   






Indaga logo sobre estes contrastes nos textos destes dous poetas. 








Comentarios:  
Na chegada a Ourense da locomotora
Os Pinos, himno galego

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación:

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

Os xéneros menores e o comentario das pastorelas