ROSALÍA DE CASTRO

 


Comezamos a descuberta da nosa Rosalía. Saber do contexto, pero, sobre todo, coñecela a través dos seus textos.  O seguinte texto escribiuno no ano 1858, aos 21 anos en Madrid, nun artigo no que reflexiona sobre a súa condición e futuro como escritora. 

"Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos aínda que ao meu redor sentirá dende o berce xa, o ruido das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son as cadeas da escravitude.

Eu, sen embargo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas, como os árabes no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo, e descende ata a terra, soberbio como Luzbel, e doce como unha esperanza.

Cando os Señores da terra me ameazan cunha mirada, ou queren lixar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu ríome coma eles rin, e fago, en apariencia, a miña iniquidade máis grande que a súa iniquidade. No fondo, non obstante, o meu corazón é bo, pero non acato os mandatos dos meus iguais e creo que a súa feitura é igual a miña feitura, e que a súa carne é igual a miña carne.

Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino”.

Escribiu isto cinco anos antes de editar os Cantares Gallegos (1863) obra pola que comezaremos este o noso achegamento a Rosalía de Castro. 

CANTARES GALLEGOS

Prólogo

Estrutura e temáticas

Un comentario de texto singular: Adiós ríos, adiós fontes...


FOLLAS NOVAS

Dúas palabras da autora

Estrutura e temáticas

 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación:

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

Os xéneros menores e o comentario das pastorelas