Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

NO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Imaxe
  REDACCIÓN DE NOVAS DE INTERESE SOBRE A LINGUA GALEGA 1º- En grupos preparamos unha primeira plana dun xornal con novidades sobre a lingua. 2º Persoalmente desenvolvemos unha reportaxe sobre algunha das novas da portada. 3º Prazo de entrega unha semana. 

UNIDADE 1: HISTORIA DA LINGUA (IV): DO FRANQUISMO Á ACTUALIDADE

Imaxe
  X-             O Franquismo e a instalación do bilingüísmo: Co inicio da Guerra do 1936 o proceso galeguizador paralízase ao resultar vencedor o ditador Franco. A represión xeneralizada tivo unha especial incidencia sobre a nosa lingua. O galego convértese en lingua clandestina ou de uso familiar e coloquial, o seu cultivo literario desprázase fóra de Galicia ao exilio americano. Nun momento de declive do mundo rural, a presión na escola e a proliferación dos medios de comunicación de masas (radio,TV) aséntase o castelán como idioma oficial do réxime e vaise impoñendo o uso do castelán ás xeracións máis novas. XI-           Un difícil proceso de recuperación da identidade:    Arredor do 1950 en condicións moi desfavorables comeza un lento e tímido movemento de recuperación editorial ao que se suman iniciativas puntuais como a institucionalización do Día das Letras Gale...

UNIDADE 1: HISTORIA DA LINGUA (III): Dos Séculos Escuros e o Rexurdimento ao Nacionalismo.

Imaxe
  Rosalía de Castro I-             Os ilustrados e precursores dunha nova etapa: Á luz dos ilustrados comezarán a disiparse as mestas néboas dos Séculos Escuros sobre o noso feito cultural.     Martín Sarmiento, foi dos primeiros en preocuparse pola situación do noso idioma e propoñer camiños de normalización cultural como a introdución do galego no ensino, na administración da xustiza ou na igrexa. Xa no século XIX   aparecen obras en galego dos chamados precursores que prepararán o camiño para as grandes figuras que virán axiña. II-           O primeiro galeguismo e o Rexurdimento literario : A mediados do XIX en 1846 nace un movemento de reivindicación política, o Provincialismo, que ao ser reprimido pola forza, fixo refuxiarse nun movemento cultural a toda reclamación de dereitos para Galicia. Coa publicación das obras de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e ...

UNIDADE 1: PANORAMA DA HISTORIA DA LINGUA (II): O nacemento, esplendor medieval e decadencia.

Imaxe
  IV-           Nace o galego e as peregrinacións a Compostela : Entre o VIII e o IX o idioma que fala este reino de Gallaecia diferénciase claramente do que se fala noutros puntos da península, xa non é latín. Polo sur da península os musulmáns fanse fortes, pero van ter escasa presencia no norte. Descóbrese o sepulcro de Santiago en Compostela. Aínda que se fala o galego o primeiro documento escrito non aparece ata moito máis tarde, o ano 1228. V-        O esplendor medieval da nosa literatura : Nos séculos XII-XIII o uso do galego xeneralízase mesmo na escrita e será entón cando aparecen as primeiras expresións literarias en forma de cantigas. O desenvolvemento da arte románica tamén será, en certa medida, unha consecuencia dos intercambios culturais do Camiño de Santiago. A lírica galaico-portuguesa será o referente literario de poetas de toda a península e unha das máis importantes de Europa. Ao lon...

UNIDADE 1: PANORAMA DA HISTORIA DA LINGUA GALEGA (I): As raíces da lingua

Imaxe
   ANTES DO GALEGO 1- Explica coas túas palabras este gráfico. 2- De que época estamos a falar? Toda lingua precisa dunha terra para botar raíces AS RAíCES  E O NACEMENTO DO GALEGO   PANORÁMICA HISTÓRICA DA LINGUA GALEGA UN PROCESO DE SÉCULOS QUE CO NOSO ESFORZO MEDRA I-               Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o substrato da nosa lingua.   II-           Antes do galego, GALLAECIA : Os romanos chegan ao noso territorio   cara o 131 a .C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio ma...

LITERATURA NAS RÍAS: Eu tamén navegar

Imaxe
Escollemos catro textos de distintas épocas representativos da nosa cultura e o mar para establecer semellanzas e diferenzas, coa idea de comentalas e poñelas en común para poder tirar algunha conclusión neste limiar do curso.   De Martín Códax.     Ondas do mar de Vigo,       se vistes meu amigo? e ai Deus, se verrá cedo?         Ondas do mar levado,   5     se vistes meu amado?        e ai Deus, se verrá cedo?   Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro?   e ai Deus, se verrá cedo?   10     Se vistes meu amado, o por que hei gram coidado?        e ai Deus, se verrá cedo?       Na tradición oral   O mar tamén é casado, o mar tamén ten muller   é casadiño coa area, dálle bicos cando quer.   Para ser bon mariñeiro hai que nacer en Marí...

UNIDADE CERO: A RÍA DA EXISTENCIA (curso 24-25)

Imaxe
  Benvidas/os ao curso 24-25. O lema deste curso é A ría da existencia. Dáse a circunstancia que o lugar onde vivimos ten como referencia espacial unha terra na que o mar está moi presente. A ría condiciona logo o noso ser, a nosa identidade. Por iso comezamos este curso no que seguimos preguntándonos quen somos, que é o que nos caracteriza, mirando ao noso mar.  E se falamos de personalidade a lingua tenche moito que ver tamén, bótalle un ollo e estes vídeos: Mais lembra que a lingua como vés tamén está fortemente ligada a terra e, no noso caso, ao mar. 1- Que expresións propias do Morrazo que non coñecías aparecen no vídeo. Toma nota e procura unha versión escrita que explique o seu contido. 2- Unha vez que viches os dous vídeos cres que a lingua que falamos no Morrazo está ligada ao mar e as rías nas que vivimos? 3- Cres que falan distinto noutras comarcas de Galicia? Por que cres que se producen estas diferenzas? 4- En que e diferenza o galego normativo e o galego do M...