Publicacións

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

Imaxe
Un dos obxectivos deste curso é desenvolver capacidades qu enos permitan comentar textos con certa soltura. Ir máis alá do recoñecemento de textos literarios e das súas carcaterísticas básicas, trátase de procurar entrar na fondura dos textos, na conexión entre o tema central e a súa estrutura, sumándose a coñecer mellor as etapas da literatura e os recursos máis habituais de autores, eses que marcan un estilo.  Como se comenta unha cantiga medieval? Vexamos un exemplo dunha cantiga ben coñecida   O TEU PRIMEIRO COMENTARIO

DA LÍRICA MEDIEVAL QUE HAI QUE SABER

Imaxe
 En primeiro lugar  ler o libro  páxinas 42-45, escoitamos un exemplo de cantigas de amigo do Pergamiño Vindel  nunha versión moderna: e logo complementamos o lido con esta entrada sobre:    O TRADICIONAL E TROBADORESCO NA NOSA LÍRICA MEDIEVAL

NO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Imaxe
  26 de SETEMBRO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS Na procura de novas sobre a lingua nestes días: PRAZA PÚBLICA   O Galego, Eúscaro e Catalán solicitan ser idiomas oficiais en Europa

PANORÁMICA DA LINGUA GALEGA ( UNIDADE CERO)

Imaxe
  PANORÁMICA HISTÓRICA DA LINGUA GALEGA I-               Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o substrato da nosa lingua.   II-           Antes do galego, GALLAECIA : Os romanos chegan ao noso territorio   cara o 131 a .C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual Galicia,   que chega polo sur ata o río Douro e polo leste ata Cantabria. O latín substituíu as linguas dos anteriores poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego. III-        GALICIA, o...

AS RAÍCES DA LINGUA

Imaxe
 ANTES DO NACEMENTO DO GALEGO: Analicemos as raíces da nosa lingua dende o século IX a. C. ata o IX momento no que nace o galego-portugúes como lingua filla do latín como podes apreciar na  anterior ilustración. ACTIVIDADES: 1- Observa o gráfico e a liña do tempo que serve de guieiro temporal para interpretala. Cando chegaron aquí os romanos? De que idioma é filla a nosa lingua, ou dito doutro xeito quen é e strato ou a base do galego? E que sería o avó ou avoa do galego?  2- Concepto de Substrato: Como se define unha lingua de substrato?  Cada lingua ten a súa prehistoria. Explica a partir do gráfico as linguas de substrato do galego. 3. Concepto de Superestrato : Define este concepto. Explica a seguir cales son as linguas de superestrato da nosa lingua e na data ocorre. 4- Por que se chama galego-portugués o idioma resultante aló polo século IX? En que territorios se falaba?.  COMO NACE UNHA LINGUA? 

UNIDADE CERO: GALICIA, O TEATRO ONDE ACTUAMOS

Imaxe
   Sen deixar de pensar na nosa Rosalía, comecemos este curso con dúas cuestións a tocar nesta UNIDADE CERO.                                                                                                          GALICIA, O TEATRO ONDE ACTUAMOS                                                                            Benvidos ao curso 2023-24 de Lingua e Literatura Galegas. Un curso máis procuramos un lema para o curso que nos axude a comezar o curso marcando un obxectivo. ...

Comentamos unha cantiga medieval?

Imaxe
Pergamiño Vindel co nome do autor Martín Codax enriba do texto e partitura da cantiga Ondas do mar de Vigo   Que é un comentario de texto? •        Identificar un tema central ou idea que pretende comunicar un autor e argumentar cos recursos significativos do texto sobre esa idea escollida . •        Localizar un autor con respecto a un texto polo seu estilo e temática . Partes do comentario •        Lectura e información (se é preciso co dicionario) •        Localización (xénero, autor, obra, data e contexto social e literario) •        Interpretación ou núcleo :                 a) asunto, tema e punto de vista (lírico ou narrativo)                 b) estrutura (part...