Publicacións

DE ROSALÍA: PARA COMENTAR

Imaxe
  Sobre a súa biografía imos ver se puntualizamos tres cousas partindo desta biografía que lembramos de 1º da ESO e que agora compre puntualizar:    - O nacemento 23 de febreiro. - A importancia do seu pensamento feminista como indicamos anteriormente - As temáticas recorrentes na autora nos libros en galego da autora. Precisamente sobre iso imos centrar a seguinte actividade de comentario:  UN TEXTO DE ROSALÍA PARA COMENTAR 

COÑECENDO A ROSALÍA

Imaxe
 Imos traballar coa figura máis senlleira da nosa literatura e trataremos de afondar os nosos coñecementossobre ela e sobre todo sobre os seus escritos.  Sendo moi nova atopamonos entre os seus textos o seguinte editado en Madrid nun artigo sobre literatura do ano 1857:  1- Tenta deducir cal é o seu tema: "Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos aínda que ao meu redor sentirá dende o berce xa, o ruido das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son as cadeas da escravitude. Eu, sen embargo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas, como os árabes no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo, e descende ata a terra, soberbio como Luzbel, e doce como unha esperanza. Cando os Señores da terra me ameazan cunha mirada, ou queren lixar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu ríome coma eles rin, e fago, en apariencia, a miña iniquid...

PARA COMENTAR MADE IN GALIZA

Imaxe
PLAN LECTOR: MADE IN GALIZA A modo de presentación: Como traballar co libro?  Imos ler MADE IN GALIZA de Sechu Sende. Será un libro no que teramos que desenvolver dunha selección de relatos  (uns 13 escollidos polo profesor e outros 10 escollidos por cada un de vós) as seguintes actividades: - Un breve comentario literario (tema que trata, recursos máis relevantes do texto, ton e ritmo conclusións) - Unha actividade e/ou  análise sociolingüística.(Que aspectos da relación da lingua coa sociedade se aborda e se resulta novidoso o enfoque)  Iremos propoñendo neste espazo títulos e actividades correspondentes. - MADRITH - NH positivo.  - UF - EU FIXEN OUIGHA CO ESPÍRITO DE CASTELAO - FALAR - NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS - INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO - A LINGUA MÁIS DIFÍCIL - LABORATORIOS SOCIAIS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA - EU NUNCA SEREI YO - ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO SOBRE A MOCIDADE BAIXO OS EFECTOS DAS DROGAS - NIN EN SOÑOS VOU PERDER A MIÑA ...

Día da Poesía

Imaxe
  Para iniciar un Obradoiro de Poesía na aula de 3º ESO A Limiar (a modo de cita do Día) Sentimentos dun poeta octoxenario ante un mes de marzo Excítanme estes días  de flores sen alcance... e marzo que aínda insiste en debuxar con xiz as ameixeiras...   Versos de Manuel Álvarez Torneiro do seu libro Os ángulos da brasa                                                         Premio Nacional de Poesía  no 2013. Un poema non é mais que unha forma subxectiva e íntima de falar dos sentimentos e das emocións de cada quen, de expresar con sinceridade e dun xeito orixinal unha conmoción digna de comunicarse. Un verso é esa forma de falar con ritmo creativo e verbas cargadas de recursos... Que recursos destacarías nos versos anteriores? Fíxate a seguir no título do libro: Os ángulos da brasa . Que cres que é o que se queima e arde para o...

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN

 LITERATURA - Prosa Medieval 142-143-144 e no blog - O galego medio (Séculos Escuros): Lírica, narrativa e teatro. páx. 162-163 - O comezo da literatura contemporánea: Sarmiento e no libro páx. 164    - Os Precursores do denominado Rexurdimento   e no libro páx. 182-183 e 184 COMENTARIO DE TEXTOS Sarmiento (textos nos enlaces anteriores )   No día de Rosalía e Rosalía no 8-M (na libreta) GRAMÁTICA Repaso de verbos regulares   e verbos irregulares Repaso da colocación e uso dos pronomes átonos As cláusulas coordinadas páx- 138-13c9 LÉXICO Familias léxicas regulares e irregulares páx 154 ORTOGRAFÍA Uso do B páx. 137 e do V páx 157 EXPRESIÓN: As Tanxugueiras e a súa relación coa nosa literatura.

O COMEZO DA NOSA LITERATURA CONTEMPORÁNEA

Imaxe
  Imos saber como a Literatura Galega saiu dos denominados Séculos Escuros e cal o primeiro poeta da nosa literatura contemporánea. Logo para estudar a Literatura contemporánea en galego faise necesario considerar a influencia da  figura do Pai Martín Sarmiento.

O día 23 de febreiro nacía Rosalía

Imaxe
 Neste día tan singular comezamos a nosa andaina pola Literatura Galega Contemporánea. CUESTIONARIO 1ª De quen son estes versos?   Co son da gaitiña, co son da pandeira, che pido que cantes, rapaza morena.   Tocaban as gaitas. ó son das pandeiras bailaban os mozos   cas mozas modestas.   Nas porta dos ricos,   nas portas dos pobres, que aquestes cantares a todos responden   Que feira rapaza si cantas faremos...! festiña por fóra, festiña por dentro...   Canta si queres,   na lengua que eu falo,   dareiche un mantelo,   dareiche un refaixo...   Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega,   consolo dos males,   alivio das penas.     2º Dirías que son estes versos que seguen do mesmo autor/a? Razoa a resposta.   Bailaban as mozas aos son do pandeiro,   con elas bailaban   os mozos mancebos...   Con gaita e tambor ...