O día 23 de febreiro nacía Rosalía




 Neste día tan singular comezamos a nosa andaina pola Literatura Galega Contemporánea.

CUESTIONARIO

1ª De quen son estes versos?

 Co son da gaitiña,

co son da pandeira,

che pido que cantes,

rapaza morena.

 

Tocaban as gaitas.

ó son das pandeiras

bailaban os mozos

 cas mozas modestas.

 

Nas porta dos ricos,

 nas portas dos pobres,

que aquestes cantares

a todos responden

 

Que feira rapaza

si cantas faremos...!

festiña por fóra,

festiña por dentro...

 

Canta si queres,

 na lengua que eu falo,

 dareiche un mantelo,

 dareiche un refaixo...

 

Cantarte hei, Galicia,

na lengua gallega,

 consolo dos males,

 alivio das penas.

 

 2º Dirías que son estes versos que seguen do mesmo autor/a? Razoa a resposta.

 

Bailaban as mozas

aos son do pandeiro,

 con elas bailaban

 os mozos mancebos...

 

Con gaita e tambor

 andaban galegos;

con vinco e zanfona,

andaban os cegos.

 

Todos reloucaban

xa mozos , xa vellos,

xa pobres, xa ricos,

xa frades, xa cregos.

 

Eu Marcos da Portela

do Monteporreiro,

 que son, mal pecado,

 un pobre labrego...

 

Eu non sei de copras

 e fáltame o enxeño

 nen fixen cantigas

no falar galego...

 

Cando for á Vila

para o meu contento

verein que as saudades

cantando son menos.

 

3ª Procura establecer agora algunha diferenza entre os versos do 1º exercicio e dos versos do 2º exercicio.

 

4ª Que influencia ou fonte clara amosan os textos e autores de ambos exercicios?

Para responder podes ter unha pista se pensas na cantiga “Terra” da Tanxugueiras.

 

5ª Teñen estas coplas algún parecido coa cantiga das pandereteiras actuais? Indica as que vexas.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

TRADICIONAL E TROBADORESCO

COMENTAR UNHA CANTIGA MEDIEVAL

Contidos da proba da 1ª Avaliación 23/24