ACHEGAMENTO ÁS CANTAREIRAS
Por que ás mulleres?
Xa o deixou dito Sarmiento (o primeiro en interesarse e recoller cantos populares galegos):
"En Galicia as mulleres non son soamente poetas senón músicas naturais. En Castela e Portugal e outras provincias os homes son os que compoñen as coplas e inventan os tons e aires e así se ve que neste xénero das coplas populares falan os homes coas mulleres. No meu país é ao contrario, na maior parte falan as mulleres cos homes e é por que elas son as que compoñen as coplas e elas mesmas inventan os tons e os aires que han de cantar"
Martín Sarmiento en
Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles
As foliadas ou seráns, mesmo moitas outras
actividades de traballo nas aldeas, como as fiadas nas que tras o duro traballo de fiar se remataban en diversión e baile. Eran organizadas tradicionalmente e
desde antigo polas mulleres. Logo os mozos asistían invitados nun espazo
liderado claramente polas mozas.
Que lle debemos ás nosas cantareiras?
Hai que agradecer, en primeiro lugar, a súa
constancia para poder legar e transmitir un rico e enorme patrimonio oral, de
mantelo con vida en situacións complexas e difíciles ata os nosos días e
permitir que da súa boca xenerosa se recollese. Hoxe grazas a elas está editado o Cancioneiro Popular Galego de
Dorothé Schubarth e Antón Santamarina (un traballo dunha musicóloga suíza co apoio dun filólogo e folclorista galego) que é
un dos máis destacados de toda Europa. Debemos agradecer este legado porque é
unha marca de identidade que une lingua
e canto (música) e que comporta unha forma de coñecemento das nosas raíces
culturais como pobo. Debemos agradecer por último a oportunidade de manter viva
e poder ser as novas xeracións transmisoras para as xeracións futuras deste
patrimonio de noso, impresionantemente rico e fecundo. Castelao dixo que a tradición era a eternidade, elas permitiron en gran medida que sigamos sendo un pobo con identidade.
A ver se das algo puto interesante que isto e unaha puta merda case me dumo axer na clase vendo estas putas vellas cantar
ResponderEliminarHai que durmir na casiña e as horas que corresponde, non na clase, na que hai que estar atento. Pero durmido debes estar para non distinguir as vellas de novas... e un consello hai que escoitar de todo e non pechar os oídos
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarasi se dín hector, hai xente que non valora o que tí fas por nós , maís coma tí
ResponderEliminarpero iso si, necesito aprobar,JAJAJAJ
ResponderEliminarAiii Hectorr,imos cargar todosss😔
ResponderEliminar(Porfisplis fai o exame cortiño 🫶☺️)