ACHEGAMENTO ÁS CANTAREIRAS

LETRAS GALEGAS 2025

O primeiro que debemos analizar son as razóns polas cales a Academia Galega acorda celebrar este ano co gallo das Letras Galegas ás pandeireteiras e a tradición oral. Procuremos no seguinte enlace esa motivación:   Das Letras Galegas 2025 na Real Academia Galega


 





Por que ás mulleres?  

Xa o deixou dito Sarmiento (o primeiro en interesarse e recoller cantos populares galegos):

"En Galicia as mulleres non son soamente poetas senón músicas naturais. En Castela e Portugal e outras provincias os homes son os que compoñen as coplas e inventan os tons e aires e así se ve que neste xénero das coplas populares falan os homes coas mulleres. No meu país é ao contrario, na maior parte falan as mulleres cos homes e é por que elas son as que compoñen as coplas e elas mesmas inventan os tons  e os aires que han de cantar"

                        Martín Sarmiento en Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles

 

As foliadas ou seráns, mesmo moitas outras actividades de traballo nas aldeas, como as fiadas nas que tras o duro traballo de fiar se remataban en diversión e baile. Eran organizadas tradicionalmente e desde antigo polas mulleres. Logo os mozos asistían invitados nun espazo liderado claramente polas mozas. 


Que lle debemos ás nosas cantareiras?

Hai que agradecer, en primeiro lugar, a súa constancia para poder legar e transmitir un rico e enorme patrimonio oral, de mantelo con vida en situacións complexas e difíciles ata os nosos días e permitir que da súa boca xenerosa se recollese. Hoxe grazas a elas está editado o Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina (un traballo dunha musicóloga suíza co apoio dun filólogo e folclorista galego) que é un dos máis destacados de toda Europa. Debemos agradecer este legado porque é unha marca de identidade que une lingua e canto (música) e que comporta unha forma de coñecemento das nosas raíces culturais como pobo. Debemos agradecer por último a oportunidade de manter viva e poder ser as novas xeracións transmisoras para as xeracións futuras deste patrimonio de noso, impresionantemente rico e fecundo.  Castelao dixo que a tradición era a eternidade, elas permitiron en gran medida que sigamos sendo un pobo con identidade. 


Comentarios

  1. A ver se das algo puto interesante que isto e unaha puta merda case me dumo axer na clase vendo estas putas vellas cantar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hai que durmir na casiña e as horas que corresponde, non na clase, na que hai que estar atento. Pero durmido debes estar para non distinguir as vellas de novas... e un consello hai que escoitar de todo e non pechar os oídos

      Eliminar
    2. Este comentario foi eliminado polo autor.

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. asi se dín hector, hai xente que non valora o que tí fas por nós , maís coma tí

    ResponderEliminar
  4. Aiii Hectorr,imos cargar todosss😔
    (Porfisplis fai o exame cortiño 🫶☺️)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación:

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

Os xéneros menores e o comentario das pastorelas